1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

160205 ou 536bGaliza - Amigos da Terra - OU 536, unha fermosa estrada con árbores centenarias no concello de Esgos con risco de ser cortadas polo pé.


A estrada OU 536 está xestionada pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda (Xunta de Galicia).

Esta estrada comunica a capitalidade provincial coas Terras de Trives-Caldelas, unha das máis bonitas da provincia polo seu trazado e polas formacións arbóreas que se atopan no seu percorrido. A altura de O Pinto no concello de Esgos hai árbores centenarias de grandes dimensións (carballos, plátanos, freixos, nogueiras, choupos...) árbores que non supoñen ningún risco para a seguridade vial e que forma un harmonioso conxunto e de alto valor patrimonial, estético e paisaxístico (lembramos que estamos na estrada de entrada a Ribeira Sacra e ao Macizo Central Ourensá) polo que e preciso protexer o arborado existente tal e como se fai nos países do conxunto da Unión Europea.

Nestes días, avisados por veciños/veciñas e usuarios da OU 536 pódese observar que na zona de O Pinto (Esgos) a maioría das árbores foron sinaladas no seu tronco cunha EX de cor vermello polo que todo fai indicar que a Consellería responsable da estrada pretende cortalas polo pé ou facer podas pouco axeitadas para a protección deste conxunto arbóreo.

Tendo en consideración o valor antes sinalado das árbores da estrada OU 536, e preciso a súa protección e coidado, é un dos poucos exemplos que nos quedan na provincia de Ourense de respecto ao patrimonio arbóreo que convive cunha infraestrutura viaria.

Solicitamos a protección do conxunto das árbores existentes ao longo da OU 536. Que no caso de ser preciso algunha poda das árbores se faga seguindo os criterios axeitados sinalados polos especialistas en mantemento da arborado.

Consideramos que despois das desfeitas realizadas as árbores que tanto en Ourense como en Galicia se teñen feito nos conxuntos arbóreos que ata fai ben pouco había na contorna das nosas estradas, estamos no intre de trocar de actitude e protexer os poucos exemplos que nos quedan. A OU 536 é un destes poucos exemplos que se deben conservar.

Deste xeito vimos de realizar as correspondentes denuncias diante dos organismos responsables, o que implica ao Concello de Esgos, á Consellería do Medio Rural e Consellería de Infraestructuras e dende Amigos da Terra demandamos que ás árbores desta estrada teñan que ser conservadas e protexidas, e debe ser unha prioridade tanto das Administracións públicas como dos cidadáns.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.