1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

pacotefeijoGaliza - Adega - A asociación ecoloxista ADEGA, VERDEGAIA , as plataformas veciñais (Plataforma afectados polo polígono de Vilar do Colo, Plataforma pola defensa dos camiños, etc.) a SGHN e outros colectivos fan entrega hoxe (11/11) na oficina de correos de Ferrol, dun paquete destinado ao presidente, o Sr. Nuñez Feixoo para que llo faga chegar á súa conselleira de medio ambiente, consistente nunha botella de auga do río Baa, contaminada polos refugallos altamente tóxicos depositados ilegalmente no monte dos Cocidos (Parroquia de Laraxe) e un tarro con ditos refugallos para que teñan presente a realidade desta agresión medioambiental.


Fan entrega deste paquete na oficina de correos de Ferrol xa que, en datas pasadas negóuselles esta posibilidade no rexistro principal do edificio da Xunta de Galiza en Ferrol, ademais de prohibir tamén o acceso á prensa gráfica para que recollera a protesta, nun exercicio de falla total de democracia polo PP, que polo visto, tenlle máis medo á foto dos colectivos entregando ditos refugallos que "ao dano medioambiental e de saúde pública que está a provocar o incumprimento da Resolución ditada pola APLU (axencia de protección da legalidade urbanística) de xa hai dous anos, no referente ás preto de 70.000 toneladas de residuos altamente tóxicos depositados no monte dos Cocidos e que obriga á Xunta de Galiza a retiralos como responsábel civil subsidiaria se o Sr. Fermín Duarte (Construcciones Manmer SL), dono da parcela e responsábel da acumulación destes refugallos, non se fai cargo da súa retirada e a volta dos terreos ao seu estado orixinal" - denuncian.

Dende os colectivos que fan esta protesta teñen constancia de que sempre se permitiu o acceso á prensa e a entrega de paquetes de diversa índole dirixidos a cargos públicos na oficina do rexistro de Ferrol co cal, os leva a pensar que a prohibición con que se atoparon en datas pasadas o que trata realmente é de ocultar á cidadanía, un problema medio ambiental e de saúde pública.

Dende estas asociacións queren deixar claro que van seguir loitando, a pesar das cambadelas que poida pór o goberno do Sr. Nuñez Feixoo, como vén demostrando nas diferentes iniciativas que presentaron varios grupos da oposición no Parlamento de Galiza, instando a que se cumpra a legalidade no referente a este caso dos refugallos do Monte dos Cocidos. Cren que "xa é hora de que este goberno empece a usar o sentidiño no referente ao coidado e protección do medio ambiente e cumpra coas súas obrigas na preservación do patrimonio común".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.