1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

4899476870 290f3b961d zGaliza - CIG-Autonómica - Dende a CIG denuncian a incompetencia e mala xestión que dende a Consellería do Medio Rural se fai respecto da xestión dos lumes forestais.


Foto de José Manuel García (CC by-sa/2.0/) - Incêndio em Briom em 2010.

Para a CIG é especialmente grave o caso do mantemento e actual estado das autobombas, onde a Xunta conta con medios máis que obsoletos, vehículos nalgún caso con máis de 20 anos de uso e que en boa parte deles non contan co mecanismo de alta presión. Xa van varios casos onde a vida dos condutores de autobomba correu serio perigo.

Tamén van suficientes intoxicados por inhalación de fume como para que a Xunta tome medidas urxentes e dote @s traballador@s de mascarillas con filtros aptos para o monóxido de carbono, dióxido de carbono, amoníaco; sustancias que se emanan da combustión do incendio forestal.

Lumes como os que se produciron nesta fin de semana en Cualedro, non veñen máis que confirmar o que dende a CIG levan denunciando dende comezos de ano: "a nula política de prevención unida a un ano seco anunciaban un verán moi perigoso no que a lumes se refire".

A maiores o cambio de combustible polo abandono das terras e a proximidade do monte ás casas, están facendo deste verán do 2015 un verán con demasiados riscos ó patrimonio forestal, ós pobos e veciños, e ós traballadores do servizo de extinción de incendios pola precariedade dos medios que utilizan.

Asemade consideran que a Xunta "está mentindo no número de hectáreas queimadas como ven sendo habitual coa fin de agochar a verdadeira realidade que nos está asolando na provincia de Ourense".

Por todo isto, pola incompetencia e neglixencia na xestión do monte galego e por non facer nada diante do que se vía vir, a CIG-Autonómica esixe a dimisión da Conselleira do medio rural e do Secretario xeral de medio rural e montes.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.