1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

326px Fluvalinate structure.svgGaliza - APDR - A Asociación Pola Defensa da Ría, integrante da Federación Ecoloxista Galega e da Plataforma contra as Fumigacións, participando da inquedanza de sectores produtivos (como a agricultura, gandaría, apicultura, ...), ecoloxistas, veciñais, culturais, socias, sindicais e de consumo, ven alertando dos riscos que para a  biodiversidade e para a saúde supón  o uso xeneralizado de herbicidas e insecticidas.


Foto de Anypodetos (Copyleft) - Estrutura do tau-fluvalinato.

Nesta liña súmase tanto á veciñanza e a Asociación Veciñal de Santa Cristina de Cobres en Vilaboa na denuncia do uso indiscriminado de herbicidas nas cunetas da estrada N-554 por parte de Fomento como a Vaipolorío na denuncia de fumigacións nas cunetas da estrada EP-002 (entre Vilaboa e Pontevedra) en ambos casos próximo a cultivos e hortas. Hoxe luns 27 de xullo, a APDR entrega aos concellos de Vilaboa, Pontevedra, Marín, Bueu, Moaña, Cangas e á propia Deputación de Pontevedra a proposta duns concellos libres de herbicidas e do insecticida Tau-fluvalinato para debater nos vindeiros plenos.

Sobre os herbicidas

Decenas de estudos científicos demostran os efectos tóxicos sobre a saúde e o medio ambiente dos herbicidas, entre os de máis ampla utilización na Galiza encóntrase o GLIFOSATO que foi declarado probábel canceríxeno 2a pola Organización Mundial da Saúde en marzo de 2015.

Nos últimos anos, e de xeito crecente, as empresas contratadas polas distintas administracións públicas (para o mantemento de lugares públicos como parques, xardíns, estradas, centros educativos e ata espazos naturais) xunto multitude de propietarios de fincas e montes, utilizan herbicidas como o Glifosato, este último, utilizado a cotio en amplas zonas forestais galegas xestionadas pola empresa ENCE. Ante a ameaza para a saúde pública, concellos galegos como Redondela, Ponteareas, Amoeiros ou Ames xa deron pasos para declararse libres de herbicidas.

Sobre o Tau-fluvalinato

Consentido cada ano en períodos determinados, cedendo aos intereses de ENCE na loita contra o goníptero do eucalipto, o Tau-fluvalinato é un insecticida inespecífico, biocida nocivo, irritante, bioacumulativo, altamente tóxico para a vida acuática, con interaccións tóxicas para as abellas descritas nalgúns estudos e publicacións e como un tóxico “moderado” para as abellas nalgunhas bases de datos internacionais. Convén salientar que si existen outros medios para controlar a praga do goníptero como son a loita biolóxica ou garantir a biodiversidade dos nosos montes evitando os monocultivos.

A moción que se presenta toma como referencia a Directiva marco para un uso sostible dos praguicidas e o Real Decreto 1311/2012 polo que se establece o marco de actuacións para conseguir un uso sostible dos produtos fitosanitarios, normas que recomendan o uso doutros medios máis saudábeis para a eliminación da vexetación ou o goníptero que afecta aos eucaliptais. Neste sentido, as mocións instan ós plenos dos concellos e da Deputación a declararse libres do uso de herbicidas e do tau-fluvalinato, comezando por todo tipo de lugares públicos dos municipios, e a súa substitución por métodos mecánicos e/ou biolóxicos non contaminantes, que non danan a saúde nin o medio ambiente.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.