1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

2355421448 f7389aec0b zGaliza - APDR - A APDR, coordinación galega da Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética (PECCEM) e Electrosensibles polo dereito á saúde, con motivo da conmemoración do día contra a contaminación electromagnética, coorganizou unha xornada o venres 26 de xuño na oficina do Parlamento europeo en Madrid co título de Cara a un recoñecemento integral da electrohipersensibilidade en Europa? A escola canteira de electrosensíbeis?


Foto Warren Rohner (CC by-sa/2.0/)

Para abordar esta problemática de contaminación ambiental contou con representantes do ámbito científico e investigador como Ceferino Maestu Iturbe (un das máis de 200 científicos especialistas en campos electromagnéticos asinantes do chamamento de alerta á ONU e á OMS para tomar medidas contra a contaminación electromagnética), do ámbito institucional como Bernardo Hernández Bataller (relator do dictame sobre hipersensibilidade electromagnética aprobado na sección especializada TEN do Comité Económico e Social o 7 de xaneiro de 2015) e David Gee (Conselleiro Senior da Axencia Europea de Medio Ambiente que participou no Informe BioInitiative

-2007 e 2012- e na publicación de AEMA “Leccións tardías de alertas temperás”), europarlamentarias/os como Michèl Rivasi (vicepresidenta do grupo Os Verdes/ALE), Florent Marcelli (responsábel europeo de EQUO) e Ángela Vallina do grupo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (co apoio expreso de Mariña Albiol e Lidia Senra), e do ámbito social como Minerva Palomar (presidenta de Electrosensibles polo dereito á saúde) e Asunción Laso (expresidenta de AVAATE).

Esta xornada subliñou:

- O último chamamento internacional de científicos expertos en campos electromagnéticos realizado á OMS e á ONU alertando o aumento exponencial da exposición a dispositivos sen fíos para afrontar a súa problemática de saúde e medioambiental.

- Un dictame proteccionista sobre hipersensibilidade electromagnética aprobado o 7 de xaneiro de 2015 na Sección TEN do Comité Económico e Social Europeo -CESE- que esbozaba as reivindicacións básicas das persoas electrosensíbeis (Recoñecemento da Discapacidade Funcional e Enfermidade Ambiental, zonas brancas, ...) e as medidas básicas de protección á poboación xeral e aos sectores máis vulnerábeis (como evitar o Wi-Fi na escola). A súa non aprobación en Pleno trouxo denuncias por conflito de intereses ante a Defensora do Pobo Europeo, a cal xa abriu unha investigación.

- As chamadas de alerta, especialmente á poboación infanto-xuvenil, ante o crecemento exponencial á exposición a campos electromagnéticos artificiais realizadas desde institucións como o Parlamento europeo (2008, 2009), a Axencia Europea do Medio Ambiente (2007, 2009, 2011, 2013) e a Asemblea parlamentaria do Consello de Europa (Resolución 1815/2011).

- O debate aberto sobre a vulnerabilidade e desprotección infanto-xuvenil ante o despregue de tecnoloxías sen fíos no ámbito educativo, na liña de escolas libres de contaminación electromagnética como antes xa o foron declaradas libres do fume do tabaco e do comesto lixo.

As organizacións que convocan agradecen a presenza neste acto de responsables de asociacións de consumidores (Facua de Castela e León, a confederación de consumidores e usuarios e a confederación española de organizacións de amas de casa, consumidores e usuarios), de ecoloxistas como a Confederación de Ecoloxistas en Acción, de afectados por enfermidades ambientais como a Asociación de afectados pola Síndrome de Fatiga Crónica SFC e pola Síndrome de Sensibilidade Química Múltiple SQM da Comunidade de Madrid, así como aos distintos responsables institucionais nos ámbitos de saúde e medioambiental, deputadas/os, concelleiras/os, defensores do paciente e do universitario, etc.

Así mesmo agradecen o soporte organizativo das asociacións veciñais participantes e a presenza de numerosas persoas electrosensíbeis e con outras enfermidades ambientais que fixeron o esforzo de estar presentes no acto malia ditas limitacións ambientais

A Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética (PECCEM) naceu 7 de marzo de 2009 e componse de Confederacións e federacións de asociacións veciñais, colectivos ecoloxistas (como os máis de 300 grupos que compoñen a confederación de Ecoloxistas en Acción ou outros colectivos ecoloxistas como a APDR), asociacións de pais e nais, de consumidores (como FACUA de Castela e León), de persoas electrohipersensíbeis (como electrosensíbeis polo dereito á saúde e SOS-EHS de Euskadi) e de colectivos e asociacións, en xeral, preocupadas polos efectos para a saúde da crecente contaminación electromagnética. Desde a PECCEM infórmase á sociedade dos riscos da contaminación electromagnética e se demanda a aplicación das recomendacións proteccionistas de saúde pública e medio ambiente de institucións europeas como a Axencia Europea do Medio Ambiente, o Parlamento Europeo e a Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa, aprobadas con amplos consensos parlamentarios.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.