Para isto, contarán coa eurodeputada do BNG Ana Miranda quen falará sobre a batalla que emprenderon diversas eurodeputadas e eurodeputados para frear as subvencións ó mundo taurino procedentes da Unión Europea (PAC, FEDER...). Contarán tamén con Rubén Pérez Sueiras, histórico activista de Galicia Mellor sen Touradas quen falará sobre a situación actual da loita antitouradas na Galiza e a reconfiguración dos espectáculos taurinos após as eleccións municipais.