1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

baralhobreGaliza - Ribeira Baralhobre - Veciñ@s da Ribeira de Barallobre –Ribeiroa- expresan a súa queixa e preocupación motivado ao estado de abandono permanente nesta zona costeira da Parroquia de Barrallobre deste Concello de Fene. Estas instalacións de FONDOMAR S.L. foron unha antiga concesión, situadas no peirao de BARALLOBRE, retornando na actualidade a Administración de COSTAS.


A veciñanza da Ribeira de Barallobre sofren as consecuencias desta inoperancia das administracións e falta de propostas para este lugar, onde vívese unha situación de abandono e falta de PROXECTO para unha zona sensible da costa a cal conta con recursos naturais e marisqueiros propios baixo a administración da Confraría de Barrallobre que resulta un motor importante para a economía local.

A súa PROPOSTA consiste en convertir esta zona nun ESPAZO VERDE ou PARQUE, asi como REHABILITAR este edificio para fins deportivos, servizos, sociais e culturais para a cidadanía. Consideramos que esta parte da Ría de Ferrol, Ribeira de Barallobre ten un particular e único valor PAISAXÍSTICO e MEDIO AMBIENTAL.

Estas antigas instalacións, ofrecen a oportunidade de REHABILITACIÓN deste edificio para uso múltiples como hostelaría, zonas destinadas a albergar material de embarcacións tradicionais, naútico- deportivo, espazos para a participación cidadá. Este fin posibilitaría unha oferta cultural, deportiva e lecer para a xuventude e cidadanía nos deportes naúticos de remo, vela ou a recuperación das embarcacións tradicionais co obxecto de rescatar a tradición mariñeira.

Piden que a nova corporación municipal do Concello de Fene deberá COORDINAR coas administracións da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de A Coruña, Autoridad Portuaria, proxectos europeos – UE - , un planeamento de REHABILITACIÓN para a RIBEIRA co obxecto de recuperar e revitalizar este espazo público nun exercicio de política municipal, consensuando cos responsables de COSTAS e administracións competentes as fórmulas necesarias para a consecución dun proxecto vital.

Aínda teñen que soportar na Ribeira de Barallobre unha MURALLA arredor destas instalacións ruinosas, polo que consideran este peche innecesario e inconveniente para este lugar e piden o seu derrube e abrir este espazo ao mar.

Esta proposta cidadá debe ser analizada en base a unha reflexión política sobre as posiblidades reais que ofrece este ESPAZO de inmenso valor PAISAXÍSTICO, MEDIO AMBIENTAL, DEPORTIVO e SOCIOCULTURAL co obxectivo de conseguir a transformación deste espazo privilixiado e incomparable nun lugar de encontro cultural e social para o Concello de Fene e a Ría de Ferrol.

Seguirán a informar de actividades e seguirán a reivindicar as súas demandas a través dos medios de comunicación. Por todo isto, peden as Forzas Políticas e sociais un compromiso firme para conseguir a transformación deste lugar nun Parque ou espazo verde e a rehabilitación destas instalacións como lugar de referencia sociocultural, deportivo e lecer.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.