1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

oligopolyGaliza - Colectivo Terra - O próximo mércores día 6 de maio ás 19:00 preséntase no local do Colectivo Terra en Pontedeume o documentario "#OligopolyOFF comeza a revoluzón enerxética cidadá".


Está escrito e dirixido por Alba del Campo e producido pola Plataforma por un novo modelo enerxético.

Sinopse: Preocupada polo tremendo aumento da pobreza enerxética no Estado español, as contínuas subidas das facturas da luz e o gas e os recortes ás renovables, a Plataforma por un Nuevo Modelo Energético presenta neste documental unha mirada da situación da enerxía que move este estado e dunha política enerxética hoxe hipotecada baixo os intereses das empresas do oligopolio enerxético fósil.

Conscientes de que son estas empresas as que presionan aos sucesivos gobernos para asegurar os seus beneficios, en lugar de que se protexa o dereito á enerxía de toda a poboación, así como de emprender unha política enerxética sensata para evitar un cambio climático devastador, o propio título do documental é unha declaración de intencións: #OligopolyOFF.

30 anos de compromisos insuficientes contra o cambio climático evidencian que non estamos ante un problema técnico ou tecnolóxico, senón ante o imperio dunhas compañías que, como di o cantante Kiko Veneno no documental, son capaces de destruír o planeta con tal de seguir sendo as súas propietarias.

#OligopolyOFF divídese en tres capítulos. Viaxa desde o problema da pobreza enerxética, a través dos distintos conflitos que xera a actual política enerxética no territorio español, ás alternativas cidadás que están a traballar por avanzar na necesaria transición renovable e na democratización da enerxía. Ambas van da mao.

As prospeccións de Canarias, o fracking, a construción dun cementerio nuclear en Villar de Cañas, Cuenca, os recortes ás renovables, o proxecto Castor en Castellón ou o regalo de 3.400 millóns ás
eléctricas por parte do PP e do PSOE, puxeron a política enerxética sobre a mesa. E alí onde as empresas de hidrocarburos ven “oportunidades de negocio”, ou as eléctricas defenden os seus
“beneficios lexítimos” a cidadanía ve como perigan a auga potable, a calidade da súa terra, o aire, o seu acceso á enerxía, o seu emprego, a viabilidade dos seus negocios… A luz sube para todas, mais para unhas máis que para outras.

En #OligopolyOFF vemos como as loitas contra unha política enerxética destructiva convertiu a defensa do territorio en loitas pola dignidade dos pobos de todo o estado. A alternativa é clara, alí onde se berra petróleo NON, a aposta da cidadanía é: RENOVABLES SI.

Todas estas loitas conflúen en #OligopolyOFF e enlázanse cun camiño non só desexable ou posible, senón que ademais é máis económico para as consumidoras. Si, é máis económico e isto hai que repetilo tantas veces como faga falla, porque estas empresas invisten cantidades indecentes de diñeiro en facernos crer o contrario.

E é que, como vai ser máis eficiente quentar a auga da ducha con gas que ven de 4.500km, que co sol e unha placa que estea a 5 metros da túa ducha?, pregunta Manel Rivero ao alumnado do instituto. “Encargáronse de vendernos un modelo que xera beneficios multimillonarios para unhas poucas empresas. Mais hai outros modelos”, engade.

Por iso, o terceiro capítulo está dedicado a eses outros modelos, exemplos de cambio, de transición enerxética, nos que a cidadanía decide e é parte de cooperativas de consumidoras ou propietarias de empresas que xeran a electricidade ou a calor para a calefacción, cooperativas enerxéticas verdes, proxectos de autonomía enerxética renovable, proxectos de aforro a nivel municipal… Proxectos limpos nos que a enerxía está en mans da xente.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.