1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

lazoiromedidasGaliza - Lazoiro - A asociación Lazoiro presentou o venres 24 de abril propostas medioambientais no Concello de
Salvaterra


Dende fai un tempo ata estas datas, a asociación Lazoiro ven observando unha serie de actuacións e situacións relacionadas co medioambiente de Salvaterra de Miño que consideran, non só como irregularidades a respecto das leis vixentes, senón de profundo dano cara os arredores naturais.

Por todo isto e sendo coñecedores de que este é un tema de profunda relevancia tamén para o noso concello e os membros que o integran, apelamos a eles para que tomen as medidas necesarias tanto de actuación como de concienciación para solucionar estes problemas que non só nos afectan as e os actuais viciños, senón tamén aos visitantes e as futuras xeracións da vila. Por este motivo, a Asociación Lazoiro presentou no Concello unha serie de medidas e recomendacións de carácter ecoloxista na procura de que sexan incorporadas ás actuais competencias e actuacións que se estean levando a cabo.

"Como non podería ser de outro modo e como consideración indispensábel", dende a Asociación Lazoiro non só entregan esas medidas de mellora do medioambiente, senón que se ofrecen para traballar, tanto agora como nun futuro, de forma conxunta co concello, xa sexa mediante actuacións concretas ou mediante o aporte de consellos. De este xeito e coa suma de esforzos, cren que "estaremos no camiño correcto para a dinamización e mellora ecoloxista do noso medio rural".

Por todo isto dende Lazoiro fan un chamamento ao Goberno e asociacións implicados no medioambiente da nosa vila, para formar parte activa dunha mesa de traballo, plural, aberta e horizontal. Deste xeito unificaremos esforzos á hora de traballar nun tema tan importante como é o do medioambiente da vila.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.