1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

CARTAZ AS ENCROBAS CORCOESTOGaliza - PDCeB - A  Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños organiza un encontro entre As Encrobas ( Cerceda) e Corcoesto (Cabana de Bergantiños) o vindeiro sábado 25 de Abril ás 18 horas no Forum de Carballo.


O acto consistirá na Proxección do documental “ As Encrobas a ceo aberto “. Tendo lugar a continuación unha charla coloquio na que participarán: Xosé Bocixa, María Pardo (realizador do documental, veciña de As Encrobas ), Lola de Baralláns e Paco García (veciña de Corcoesto, voceiro da Plataforma).

Separadas por case 40 anos estas dúas loitas emblemáticas na defensa da nosa terra e das súas xentes, teñen moito en común: a loita contra o capitalismo depredador e o neo-colonialismo das empresas multinacionais.

No ano 1975 iniciouse na parroquia rural de As Encrobas, situada no concello coruñés de Cerceda, un conflito agrario que, polo significado que acadou no contexto da fin do franquismo e dos primeiros momentos da transición democrática española, tivo unha gran repercusión en Galicia.
A empresa eléctrica de orixe galega, denominada entón  Fenosa, pretendeu explotar un xacemento de lignito pardo depositado no subsolo do val agrícola sobre o que se asentaba unha gran parte da poboación desta parroquia, que roldaba naquel momento os mil cincocentos habitantes. O procedemento elixido, de extracción a ceo aberto, esixía o desaloxo de aproximadamente catrocentas familias campesiñas ou “casas”.

Os enfrontamentos aos que deron lugar os intentos de ocupación dos terreos, con especial protagonismo das mulleres de As Encrobas,  suscitaron o apoio masivo da sociedade, que sería decisivo para o abandono do procedemento expropiatorio e a apertura de negociacións entre a empresa e as persoas afectadas.

Moitas coincidencias coa loita de Corcoesto aínda que tamén existen diferencias moi interesantes. Como dicían as xentes de As Encrobas: Se a terra é nosa, por que o que hai baixo ela non é tamén noso?


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.