1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

12466487124 e525b57f7f zGaliza - ODS-Coia - Hai unhas semanas a ODS de Coia solicitou por escrito datos do número de cortes de auga realizados no Concello de Vigo nos últimos anos. A resposta, tanto de Aqualia como do Concello, é o silencio. En detalle, a petición foi ter acceso público aos seguintes datos:


Foto de Luis (CC by/2.0)

- Número de cortes de subministro de auga en 2014 e 2013.

- Número de avisos de corte de subministro de auga en 2014 e 2013.

Dita petición fíxose por escrito nas dependencias que Aqualia, empresa concesionaria que pertence ao grupo FCC (segundo sinalan na súa web, a terceira compañía en xestión da auga no mundo). Previo á solicitude, mantiveron unha breve conversa coa responsable da empresa, a cal respondeu que eles non son quen de ofrecer eses datos, polo que instou a que remitiran a nosa solicitude ao Concello de Vigo. Tras recibiren por escrito a resposta negativa da empresa a facilitar eses datos, solicitaron no rexistro municipal a mesma petición dirixida, neste caso, a David Regades concelleiro responsable da área de Fomento.

Aqualia ten a concesión do abastecemento e saneamento da auga en Vigo. Xestiona o servizo desde 1990 e malia que o contrato vencía en 2015, este foi prorrogado polo goberno de Abel Caballero até o ano 2020. En 1988 o goberno de Manoel Soto privatizou a xestión deste ben que viña ofrecendo a empresa pública Emavisa. Aqualia, antes Seragua, leva anos facendo beneficios coas nosas necesidades básicas. Con privatizacións coma esta, os dereitos deixan de selo e pasan a converterse en produtos de consumo sometidos aos intereses do mercado e non aos intereses colectivos. O capital fai negocio, o goberno municipal cala e nós sufrimos cortes de auga e/ou padecemos os atrancos para pagar unhas facturas demasiado elevadas para uns ingresos que non paran de minguar.

A información é poder, e sen ela semella complicado artellar respostas que rematen coa pobreza enerxética. Desde o Concello, ao igual que desde a propia empresa, o teñen moi claro. De aí o seu silencio á hora de facilitar datos dos cortes de subministro realizados ou do número de avisos de corte comunicados. Datos que sería moi importante que foran coñecidos pola cidadanía, xa que partindo deles poderíanse artellar estratexias para loitar en contra da pobreza enerxética que afecta a cada vez máis persoas.

Fronte a isto, é dicir, fogares sen auga, persoas que non poden facer fronte ao pagamento da auga na ODS-Coia esixen medidas urxentes:

- Remunicipalización do servizo.

- Exención do pagamento da auga para aquelas persoas con ingresos por baixo do limiar da pobreza.

A mesma petición que fan no caso da auga a fan para o resto de servizos básicos, que poden e deben ser garantidos polas administracións. Falan da enerxía eléctrica, do gas ou do transporte público.

"Non aceptamos negocios coas nosas necesidades! Pola repartición da nosa riqueza!" - frisan.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.