1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

DSCN0757

Galiza - Tesouro de Corcoesto - O documental, que trata o conflito en torno á mina de ouro en Corcoesto, inicia a súa ruta de exhibición en salas este xoves 5 de marzo no CGAI coruñés.


O crowdfunding ou micromecenado (achegas económicas particulares a través dunha plataforma on-line) é unha das novas vías de financiamiento de proxectos de creación. Segundo as estadísticas, entre as propostas máis apoiadas polo público están aquelas que abordan contidos sobre o medioambiente. Este é o caso de Tesouro de Corcoesto, un documental de investigación sobre o polémico proxecto de mina na comarca de Bergantiños. Unha iniciativa empresarial que contou inicialmente cun forte respaldo da Xunta de Galicia e co rexeitamento de boa parte da cidadanía, colocando a pequena localidade de Corcoesto no mapa mundial de conflitos ambientais.

Os promotores do documental acharon neste sistema de financiamento por micromecenado un xeito de garantir o bo fin do proxecto e unha mirada independente sobre un tema tan candente e polémico, cruzado, ademais, de información confusa, en ocasións alarmante, noutras contraditoria.

Finalmente, o proxecto mineiro entrou en vía morta polas esixencias financeiras (non resoltas) da Xunta cara á empresa, sendo iso interpretado por moitos como un exemplo do éxito da resistencia popular á implantación de industrias contaminantes no territorio. Un éxito provisional, apuntan outros, pois o proxecto pode retomarse en calquera momento dado que o ouro segue aí e o sector extractivo está a vivir un momento de expansión en Europa e en Galicia, e novas licenzas de explotación saen á luz continuamente.

O feito de que o documental prestase atención, e boa parte da súa metraxe, á voz da cidadanía, e que obtivese tan boa resposta na súa campaña de micromecenado, con 180 colaboradores entre persoas e colectivos, devén nun proxecto moi participado, de corte moi social. En coherencia con estas premisas, Tesouro de Corcoesto inicia agora un periplo de exhibición con pases gratuítos por salas de toda Galicia, co punto de saída no Centro Galego de Artes da Imaxe, CGAI (Rúa Durán Loriga, 10 baixo. A Coruña). Será este xoves 5 de marzo ás 20:30h. Formará parte da sección Creadoras Galegas de Imaxe, organizado polo Consello da Cultura Galega. A proxección irá acompañada de presentación e coloquio a cargo da súa directora, Cora Peña.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.