1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

arturograndalGaliza - Lazoiro - Despois de máis dun ano de reunións co Goberno do Concello de Salvaterra, a asociación dispón por fin dun local fixo de reunión.


Foto de Nós-UP - O esperpéntico Arturo Grandal.

Os membros de Lazoiro veñen reclamando a cesión dun espazo no que poder levar a cabo o seu traballo, gardar material e realizar as súas xuntanzas: "Dende o Concello sempre se mostraron pouco interesados na nosa situación esquivando as nosas demandas". Xa fose negando de forma directa que lles tiñan que deixar un local, ou simplemente con medios ofrecementos que non arranxaban o problema. Incluso se lles chegou a negar de forma reiterada reunirense en ningún espazo da Casa da Cultura de Salvaterra por estar todo ocupado "e, cando nos presentamos in situ no mesmo día e hora que pedíamos, comprobamos que a maioría das instalacións estaban sen ningunha actividade".

Tras moitas reunións, -máis de vinte veces tiveron que reunirse con o Goberno do Concello de Salvaterra- chamadas de teléfono e esforzos, por fin conseguiron que se lles cedera unha habitación na Casa da Cultura de Salvaterra, a cal será compartida coas clases de música que se imparten actualmente.

Pese a esta solución ao problema, púxose de manifesto a desorganización e mala xestión respecto ao control dos espazos públicos e ao seu correcto uso, posto que a día de hoxe non hai unha constancia de quen ou cando se usan estes espazos, que deben estar destinados aos grupos e asociacións de Salvaterra.

Por todo isto, a pesar de teren conseguido un local para o coletivo, de Lazoiro "entendemos que esta situación non pode continuar así" posto que afecta a todas as asociacións e colectivos que usan os espazos públicos do Concello de Salvaterra. Dende Lazoiro seguirán esixíndolle ao Goberno do Concello de Salvaterra a mellora da organización e creación dunha lista e dun calendario sobre o uso destes espazos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.