1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

adegaeucalGaliza - Adega - Dentro da Campaña "Cousa de raíces" en defensa dos nosos bosques, queremos dar resposta ás consultas sobre as plantacións de eucaliptos. Este "kit de emerxencia" pretende ser unha ferramenta útil para evitar e denunciar as plantacións ilegais.


Foto de Miguel Edreira Castro (CC by-nc/2.0)

A expansión do eucalipto, consecuencia dun modelo forestal e territorial perverso

O aumento do cultivo do eucalipto vén da man do abandono agrario e do declive do medio rural galego. A falla dun modelo produtivo sustentábel, multifuncional, de implicación ambiental e social orquestada dende a administración (“El mundo rural está condenado a desaparecer”, Samuel Juárez, ex-conselleiro de Medio Rural dixit) fai que o destino de moitos montes e terras agrarias sexa o monocultivo, nomeadamente do eucalipto, substituindo de paso ás frondosas autóctonas.

A recente lei de montes galega (Lei 7/2012, do 28 de xuño, de Montes de Galiza), aprobada en solitario polo PP, é unha desas normas favorecedoras dos monocultivos e está detrás dun repunte das plantacións de eucalipto.

Porén, existen uns mínimos que aínda limitan a plantación de eucaliptos en parcelas con masas de frondosas autóctonas, en terreos agrícolas, a menos de 15m dos cursos fluvias ou a menos de 100m da liña de costa. E estes mínimos, a todas luces insuficientes para asegurar a correcta conservación dos valores naturais da nosa terra, en moitos casos tampouco están a cumprirse.

Kit de resposta fronte ás plantacións ilegais de eucaliptos

Dentro da campaña “Cousa de Raíces” en defensa dos nosos bosques autóctonos, promovida por ADEGA outras 50 organizacións sociais e gremiais, quérese dar resposta ás numerosas consultas e denuncias de plantacións de eucaliptos. Moitas destas plantacións nen sequera cumpren cos mínimos legais, de xeito que mediante unha denuncia podemos esixir da Xunta o cumprimento da norma e, como xa ten acontecido en moitos casos, conquerir a retirada dos eucaliptos plantados ilegalmente e a súa substitución por frondosas autóctonas.

As e os promotores entenden que, como propugna a campaña “Cousa de Raíces”, que son a divulgación e a concienciación do valor e as oportunidades vencelladas ao mantemento dos bosques autóctonos, as ferramentas máis efectivas para promover a súa conservación. Porén, este ”Kit de resposta rápida pretende ser un instrumento útil para salvagardar aquelas masas ameazadas por plantacións de eucaliptos, mediante a denuncia de actuacións ilegais.

Á marxe das actuacións que calquera particular ou entidade queira desenvolver usando este “kit”, en ADEGA avisa que seguirá recollendo, trasladando á administración e denunciando aquelas cortas ou plantacións ilegais que ameazan a supervivencia das nosas frondosas autóctonas.  

Contacto da campaña:cousaderaices@adega.gal

Ligazóns

Descargas


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.