1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

plataformadefpubGaliza - PCDP-SCX - Na maña deste domingo, ás 12h, a Plataforma Cidadá Defender o Público_Salvemos a Casa da Xuventude convocou á cidadanía a unha concentración na Praza do Matadoiro de Compostela, na que dar a coñecer os últimos pasos que está a dar a plataforma.


Na convocatoria deuse cita un nutrido grupo de persoas, moitas delas representantes de outras entidades/colectivos no que foi unha actividade informativa e de achegamento que, anunciaron, será unha constante cada sábado a partires de hoxe, como xeito de presión ao concello ante a convocatoria da mesa de contratación para o derrube da casa, trala entrega das 1060 sinaturas que foi feita xa esta semana no Rexistro Xeral do Cocello.

No acto varios membros da Plataforma explicaron o momento no que están as reivindicacións do colectivo e convidaron a membros da Plataforma “Queremoslle ao Parque de Galeras” a estar presentes e explicar como foi/é a súa loita, para tomala como exemplo e convidar a moitas outras persoas/colectivos a participar máis activamente nas posibles solucións aos problemas locais.

Os apoios que o colectivo segue acadando oriéntanse agora cara colectivos/asociacións veciñais, culturais, xuvenís, etc así como continuar na recolleita de máis sinaturas ao tempo que se traballa na creación dun plan alternativo tanto para o edificio como para o acceso ao parque de Belvís dende a Praza do Matadoiro, tendo en conta o Plan Xeral que xa apunta o xeito no que debe facerse, empregando a finca colindante, xeito doado, directo e moito menos custoso.

O edificio da Casa da Xuventude retornará oficialmente das mans da Xunta de Galicia ás do Concello proximamente, no que a Plataforma insiste deberá ser unha entrega, como marca a lei, na que o edificio se devolva en perfectas condicións de uso e mantemento (para o cal o concello debería instar á Xunta a que realice as obras precisas a tal efecto).


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.