1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

vertedurasGaliza - Adega - O arsénico e o chumbo multiplican os níveis de contaminantes admitidos (NCA) pola lei.


Analíticas encarregadas pola delegación de ADEGA-Monterrei dos regos que drenan o Támega á altura de Laza, amosan importantes valores de As (arsénico) e Pb (chumbo), entre outros metais pesados.

Os contaminantes proveñen dos sedimentos arrastrados dende os desmontes e obras do AVE, e depositados nas canles da parte N da bacía do Támega. As análises dos fondos destes regos amosan cantidades de As e Pb que multiplican por 750 e 1986 veces os valores establecidos como NCA (normas de calidade ambiental) polo Decreto 60/2011 de calidade das augas.

Esta contaminación podería supoñer un risco sanitario e ambiental non só para a poboación de Laza, senón para toda a bacía do Támega e a comarca de Verín, famosa pola produción de augas minerais. O treito galego do río Támega forma parte tamén da Rede Natura 2000, precisamente polo bo estado ecolóxico das súas augas e as comunidades de bosque de ribeira nos vales septentrionais da bacía, precisamente os máis afectados polas verteduras contaminantes das obras do AVE.

Xunta e Confederación: o AVE non xustifica contaminar sen control

ADEGA vén de achegar un informe coas analíticas de augas aos concellos da comarca, así como á Confederación do Douro e á Consellaría de Medio Ambiente. É responsabilidade destas administracións garantir o bo estado ecolóxico destes espazos protexidos, das súas augas e da saúde dos seus habitantes.

Portanto, ADEGA esixe dos organismos responsábeis actuacións inmediatas para impedir novas verteduras por parte de ADIF, e a posta en marcha de medidas de restauración para minimizar o impacto destes contaminantes na saúde das persoas e do ecosistema naquelas áreas máis afectadas:

"O AVE e os supostos réditos políticos desta obra faraónica non poden ser a excusa para danar un patrimonio natural de altísimo valor, pasando por riba das leis ambientais e poñendo en risco a saúde dos habitantes da comarca".

Descargas


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.