1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

15316994350 ea25fda478 zGaliza - SLG - Diante do temor expresado por varios países da UE, entre os que se atopa o Estado Español, a que o Tratado de Libre Comercio con Estados Unidos (TTIP) poida supor a fin das denominacións de orixe (DO) e indicacións xeográficas europeas (IXP), o Sindicato Labrego Galego volve insistir en dar marcha atrás a este proceso cuxa consecución suporía un duro golpe para moitos dos nosos principais sectores produtivos.


Foto de Stop TTIP (CC by-nc/2.0) - Protesto em Berlim contra o Tratado de Livre Comércio entre os EUA e a UE.

O temor dos estados europeos está máis que fundado: Estados Unidos non protexe as indicacións xeográficas europeas e permite aos seus produtores e ás súas produtoras utilizar as nosas denominacións, ás que consideran simples nomenclaturas comerciais para os alimentos. É dicir: en Estados Unidos, unha macroexplotación de vacún de Texas podería producir legalmente Tenreira Galega; unha explotación de porcino, Lacón; ou unha queixería calquera un Arzúa-Ulloa, por poñer só 3 exemplos que afectarían a algún dos 26 alimentos que, na Galiza, gozan de sistemas protectores como as DO ou as IXP. Unha boa mostra disto é que, actualmente, en Estados Unidos comercialízase Oporto de Oregón ou Xerez de California, por poñer dous exemplos.

O SLG mostrase contento de que "os diversos gobernos comunitarios vaian caendo da burra e lle comecen a ver as orellas ao lobo". Mais, como xa teñen denunciado dende esa organización, o TTIP vai máis alá de ameazar a calidade diferenciada dos nosos produtos, e traerá canda si, se sae adiante, consecuencias peores como as seguintes:

  • Competencia desigual: Nos Estados Unidos, as granxas predominantes son de tipo industrial e o seu tamaño medio é 13 veces superior á media europea. De feito, hai 2 millóns de granxas nos EEUU fronte aos 13 millóns cos que conta a UE. Ademais de ser máis pequenas, as explotacións europeas teñen unha normativa medioambiental e sanitaria moito máis estrita. En resume, as granxas norteamericanas, moito máis grandes e concentradas, comercializando a través de grandes corporacións, sen ter que cumprir as mesmas normativas sanitarias e ambientais, e sen os aranceis que agora protexen as nosas producións, varrerían, literalmente, centos de miles de explotacións e sectores produtivos enteiros na Unión Europea.

  • Transxénicos: Agora mesmo, na Unión Europea é obrigatorio informar na etiquetaxe dos alimentos e pensos se conteñen transxénicos ou non, e cada OXM ten que pasar un test de seguridade e ser aprobado pola Autoridade de Seguridade Alimentaria. De ir para adiante o tratado, a UE estaría obrigada a eliminar as poucas barreiras de seguridade que temos para equipararse ás normas dos EEUU, onde os OXMs non deben ser supervisados, non teñen que realizar ningún test de seguridade e nin sequera é obrigatorio informar na etiquetaxe dos alimentos da súa presenza.

  • Carne tratada con hormonas e cloro: Nos Estados Unidos, as vacas producen até un 10% máis de leite que as súas curmás europeas grazas á Somatotropina Bovina Recombinante, unha hormona transxénica de Monsanto relacionada co cancro de mama, de próstata e de colon nas persoas. En canto á produción de carne, hai autorizadas 6 hormonas esteroides coas que os becerros engordan até un 15% máis. Cos porcos acontece outro tanto pero cunha droga chamada Ractopamina que fai aumentar a súa masa muscular e que está prohibida en 150 países, incluída a UE. En canto aos polos, desinféctanse con cloro antes de comercializarse. Estas carnes con hormonas ou cloro están, agora mesmo, prohibidas na Unión Europea. De ir cara a adiante o acordo, Europa debería eliminar tamén as prohibicións a este modelo produtivo tan insán e perigoso para a seguridade alimentaria.

  • Seguridade alimentaria: Na Unión Europea, existe un principio de precaución que esixe probas científicas dos produtos antes de ser comercializados. Ademais, a Lei Reach permite á Axencia Europea de Químicos poñer restricións na produción, comercialización e uso destes produtos para protexer a saúde pública e o medio ambiente. Pola contra, nos EEUU as normas sobre químicos son máis laxas e seguen comercializando uns 30.000 produtos asociados a doenzas e enfermidades como cancro de mama e testicular, infertilidade masculina, diabete e obesidade.

Se o TTIP prospera, á Unión Europea non lle vai quedar máis remedio que ceder en todo o devandito e moito máis, como a liberalización e privatización de servizos públicos, a perda de dereitos laborais, o alongamento das patentes privadas sobre medicamentos, a extracción de gas do subsolo a través da perigosa técnica do fracking, etc.

"Os nosos gobernos non pode obviar que este tratado destruiría o escaso tecido económico que aínda sobrevive no noso medio rural, desertizando e desestruturando aínda máis o noso campo, deixando sen medio de vida a miles de familias, e eliminando principios básicos de seguridade alimentaria e a nosa capacidade de producir alimentos" e por iso, "tanto dende o Sindicato Labrego Galego como dende a Coordinadora Europea da Vía Campesina, seguimos a esixir que os gobernos dos estados comunitarios e, na súa representación, a Comisión Europea, dean marcha atrás nas negociacións do TTIP e non fagan ningunha concesión que poña en risco a nosa agricultura, o noso medio rural ou a nosa seguridade alimentaria". 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.