1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

BannerTransporteGaliza - Verdegaia - En Verdegaia consideranque a promoción do transporte colectivo é unha peza fundamental para diminuír o consumo dos combustíbeis fósiles, polo que queren achegar o seu gran de area mediante un proxecto que até agora ningunha administración se preocupou en elaborar.


Dende hoxe pódese atopar resumida nun so sitio (verdegaia.org) toda a información sobre os diferentes medios de transporte (bus, barco e tren) que comunican Vigo coas comarcas veciñas (Morrazo, Pontevedra, Louriña, Condado, Baixo Miño e Val Miñor). Permite a consulta dos horarios de saída e chegada, dos horarios de pasaxe polas principais paradas e obter información sobre as diversas posibilidades de intermodalidade, é dicir, de combinación de diferentes medios de transporte.

Deste modo tentan solucionar o baleiro informativo que existe ao redor do transporte interurbano na cidade de Vigo, xa que a maioría da poboación descoñece que entre Vigo e O Porriño hai 62 conexións diarias ou que entre Vigo e Pontevedra hai 59. A pesar de existir un número considerable de conexións, ao longo dos anos permitiúselles ás diferentes concesionarias ir adaptando as frecuencias a medida do seu propio interese levando a unha situación na que ao cidadán non se lle presenta unha opción de transporte colectivo clara e ordenada senón unha serie de servizos desconexos, caros e lentos.

O impase verificado nas negociacións entre o Concello de Vigo e a Xunta de Galicia amosan a desidia con que estas administracións afrontan o grave problema que supón o (ab)uso de coches e motos coa consecuente emisión de gases prexudiciais tanto para o medio ambiente como para a saúde das persoas. Cabe recordar que en Vigo se segue ignorando o potencial da bicicleta como medio de transporte e que os viaxeiros máis asiduos do bus urbano seguen sen poder acceder a bonos semanais/mensuais (como por exemplo xa existe no transporte de ría).

Ambas administracións rexeitan aumentar os fondos que achegan para a implantación do transporte metropolitano, o que ven sendo unha actitude inxustificable cando o valor en discordia é irrisorio se comparado con as subvencións que o concello de Vigo destina a compañías aéreas ou as subvencións que a Xunta destina ás concesionarias de autoestradas, ambas orientadas a promover o uso de vehículos altamente contaminantes.

É por iso que de Verdegaia instan o concello de Vigo e a Xunta para que aceleren a implantación do transporte metropolitano e que este non se limite á creación do billete único (imprescindible para permitir transbordos), senón que tamén estableza unha coordinación entre todos os medios de transporte de modo a que estean adaptados ás necesidades reais das persoas.

Aproveitan para recordar as principais eivas que calquera usuario de barco, bus ou tren detecta na area de Vigo:

. unha estación marítima que utiliza como punto de embarque un peirao afastado da estación marítima e da parada de bus urbano, obrigando os pasaxeiros a percorrer unha distancia innecesaria e incómoda á intemperie;

. descoordinación horaria dos buses urbanos cos medios de transporte interurbano, obrigando os pasaxeiros a prolongados períodos de espera para poder combinalos;

. desinterese de todas as administracións pola creación dun servizo de tren de proximidade simplemente aproveitando a infraestrutura de “Y invertida” Vigo-Pontevedra-Tui con centro en Redondela;

. unha estación de buses que: non ofrece asento nas plataformas levando a que os pasaxeiros se teñan que sentar no chan ou nas escaleiras; que presenta equipamentos avariados e non dispón de paineis informativos en condicións;

. debate anacrónico sobre se a futura estación de Urzáiz debe acoller unha terminal de buses. É fundamental garantir unha estación intermodal dende a cal exista un servizo de lanzadeiras de bus urbano aos principais puntos de afluencia da cidade.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.