Desde as 18.00 a rotonda enchérase de música, de cultura para expresar o rexeitamento da xente ao malgoberno municipal.
Son datas festivas e da Asemblea non queren "deixar de unir a reivindicación coa festa". Ademais de parar as obras para instalación de un barco estas semanas, foron quen de facer da rotonda un espazo para a xente onde partillar a vida.
Moitos artistas darán coa súa música apoio a un berro: Non pode ser o barco na rotonda e a xente sen comer! Non para de medrar o número de artistas que van participar.