1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

15680269238 6c3581fbcc zGaliza - XS/DL - Preto de medio centenar de persoas se xuntaron na mañá de día 24/11 na Xunta por mor do ticket eléctrico, ao redor da metade eran membros da policía (nacional, autonómica e “secreta”) e gardas de seguridade. A Xunta puxo tamén a disposición das solicitantes catro funcionarias para axudaren coa tramitación ademais de tres ordenadores e un escáner. Todo eran novas a seis días de rematar o prazo.


Foto de A.X. Luar (c) - Ato de entrega

As presentes entraron no edificio administrativo, e coa axuda do persoal da Xunta realizaron as solicitudes telematicamente, o único modo de facelas. Tantos atrancos para poder percibir 7,5€/mes durante seis meses (10€/mes no caso de familias numerosas), uns euros que non abondan para pagar unha factura da luz que non para de medrar e menos para familias que como moito ingresen 532€ ao mes. Unha fartura, como lia unha compañeira ao rematar a entrega colectiva diante da entrada da Xunta.

Remataron o acto esixindo gratuidade da luz para aquelas persoas con ingresos inferiores ao limiar da pobreza e que a subministración eléctrica sexa recoñecida como un dereito básico para garantir unha vida digna e que, por conseguinte, estea en mans da comunidade e non privatizada en beneficio dos grandes capitais.

Leia o manifesto aqui.

Mais fotos aqui.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.