1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

charcaGaliza - ADEGA - O venres 24 de outubro celébrase na Coruña o IV Curso de formación para inspección de Charcas, organizado pola Asociación Ecoloxista ADEGA enmarcado no seu proxecto Charcas con Vida en colaboración co Servizo provincial de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia.


Foto de Charcas con Vida

Charcas con Vida é unha iniciativa de ADEGA que ten como obxectivo poñer en valor as Charcas para contibuir ao seu coñecemento, estudo e conservación.

As charcas son pequenos pero importantes espazos para a conservación da biodiversidade. Moitos animais utilizan estes puntos de auga para beber, alimentarse, agocharse ou para desenvolver os seus ciclos vitais. Anfibios, aves, invertebrados … e tamén certos tipos de plantas ou algas son algún exemplos dos seres que se ven favorecidos por este tipo de actuacións.

Unha parte importante do proxecto baséase no estudo destes ecosistemas, e para iso se celebrará o IV Curso de formación. O curso durará toda a mañá. Explicarase a importancia destes ecosistemas e as posibilidades de actuación, tamén haberá unha parte práctica da xornada onde se realizará unha inspección dunha charca cercana.

No curso participarán máis de 20 persoas pertencentes ao Servizo de Conservación da Natureza da Coruña interesadas na importancia das charcas. A xornada celebrarase no Centro de recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros.

O proxecto Charcas con Vida é unha iniciativa de ADEGA que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e realízase en convenio co CIBIO (Centro de Investigaçao em biodiversidade e recursos genéticos, Portugal). 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.