1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

CASTRO-REMONDEGaliza - Eira da Joana - A Eira da Xoana convoca a I Xornada de Murallas Abertas do Castro de Remonde, unha singular fortificación da Idade do Ferro ubicada nas proximidades do Castelo de Pambre. A xornada celebrarase o día 25 de outubro a partir das 14.00 h. e ten por obxectivo anunciar o proxecto que a Eira da Xoana vai comezar a partir do propio castro. 


O programa consiste nun xantar na Eira da Xoana ás 14.00 h. (cadaquén trae a súa comida) para, de seguido, iniciar un pequeno roteiro de sendeirismo co obxectivo de amosar aos participantes a riqueza natural, cultural e etnográfica do contorno do castro de Remonde e o castelo de Pambre. Ás 17 h., xa no alto do castro, haberá actuacións musicais e de narración oral, e darase a coñecer o proxecto que a Eira da Xoana ten para o castro de Remonde.

O Castro de Remonde é un dos elementos dun importante contorno cultural da Ulloa que permite coñecer as transformacións na cultura e na xeografía galega desde a Idade do Ferro, pasando pola Alta e Baixa Idade Media, ata a sociedade tradicional do século XIX, todo nun territorio pequeno e accesible para todo tipo de públicos.

A actividade é aberta a quen queira participar. Só ten que presentarse na Eira da Xoana (Agolada) este sábado 25 de outubro ás 14.00 h.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.