1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

6444641801 2b3f68ef51 zGaliza - SLG - O Sindicato Labrego Galego denuncia a baixada de preços. injustificada que a gerência da Cooperativa La Arzuana acaba de fazer no leite adquirido no mês de setembro às suas fazendas.


Foto de Ana Guzzo (CC by-nc/2.0)

En concreto, La Arzuana marcou un prezo de 27 céntimos para o litro de leite recollido nese mes, moi por debaixo dos paupérrimos valores aos que se está a cotizar no resto da comarca, nunca por baixo dos 30-32 céntimos. Para que nos fagamos unha idea, unha exploración mediana cuns 100.000 quilos de cota que vendese 16.000 en setembro (datos obtidos da factura real dunha granxa socia de La Arzuana) estaría perdendo entre 480 e 800 euros ese mes. Evidentemente, estas perdas poden ser moi superiores en granxas máis dimensionadas (hainas que chegan aos 500.000 quilos de cota) e menores nas que producen menos. En canto ás explotacións afectadas, andan ao redor das 60, se temos en conta a asistencia á última asemblea de La Arzuana, celebrada o 29 de setembro para decidir o cese de actividade.

En opinión do Sindicato Labrego Galego, esta baixada de prezos non responde a motivos obxectivos de mercado e supón unha estrataxema máis para enganar os socios e socias que se mantiveron en La Arzuana até a cassaçom da súa atividade -non recolle leite dende o 1 de outubro- e tentar diminuír, dese xeito, a dívida que a cooperativa mantén con eles e elas. Unha vez máis, a xerencia da Cooperativa La Arzuana, co seu presidente Eugenio Montero á cabeza, trata de paliar os resultados da súa catastrófica xestón a costa do peto dos e das cooperativistas que, ademais de ter varias entregas sen cobrar, agora perceberán polo seu leite un valor inferior ao do mercado, sempre e cando cheguen a rebeber os cartos. Entre tanto, a Consellaría de Medio Rural continua sumida.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.