1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

2053028030 9636fdd6be oGaliza - SLG - O SLG traballará para que a nova normativa se dirixa a apoiar a comercialización de alimentos sen intermediarios e non supoña novas cargas burocráticas para as granxas.


Foto de Celso Tissot (CC by-nc-nd/2.0)

No Sindicato Labrego Galego estiveron a analizar nas últimas semanas, xunto con produtores e produtoras que venden sen intermediarios, o Decreto 125/2014 que regula a venda directa de produtos primarios dende as explotacións en Galicia, publicado pola Consellaría de Medio Rural no DOG do pasado 30 de setembro. Dende o SLG, consideran que a Consellaría de Medio Rural debería realizar unha intensa campaña informativa e de acompañamento respecto da nova norma dirixida non só a produtores e produtoras, senón tamén a axentes que teñan unha implicación directa ou indirecta nesta cuestión como tendas ou concellos, por exemplo. Dende a publicación do decreto, estase a xerar unha grande confusión que entorpece o que debería ser o obxectivo fundamental deste regulamento: facilitar e apoiar ás produtoras e produtores de alimentos na Galiza para que os seus produtos teñan maior presenza nos mercados de venda directa, nos comedores escolares e resto de institucións, nas tendas, etcétera.

Dende o Sindicato Labrego Galego, consideran que é preciso un apoio decidido da Xunta de Galicia á venda de produtos agrarios e gandeiros directamente ás persoas consumidoras ou a través de circuítos curtos de comercialización. Trátase dunha modalidade con múltiples avantaxes, pois  facilita a chegada á cidadanía de produtos frescos, de tempada e de moita calidade; e xera un maior valor engadido, tanto para as persoas consumidoras como as produtoras, posto que se reduce o número de intermediarios e crea novas oportunidades de emprego nas diferentes comarcas e zonas rurais galegas. Ademais, a aposta pola venda directa implica un considerable aforro enerxético e unha diminución das emisións de contaminantes, en comparativa co abastecemento das nosas mesas a base de alimentos producidos a miles de quilómetros.

Para que isto sexa posible, cómpre que as normativas que regulen a venda directa estean adaptadas á realidade da produción labrega, de xeito que se evite que, por unha excesiva burocratización, polos altos custes ou pola adopción dunhas normas máis adaptadas á produción industrial que á produción labrega, os regulamentos se convertan nun grave obstáculo para un xeito de comercialización que reporta numerosos beneficios e que ten unha grande implantación en países comunitarios como Francia, Austria ou Bélxica.

Respecto ao contido do decreto, créase unha nova sección destinada á inscrición de explotacións agrarias acollidas ao réxime de venda directa (SEVEDI) dentro do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (REAGA); e contémplanse tres modalidades de venda directa: in situ (na propia explotación agraria), en mercados (ocasionais e regulares) e en establecementos de venda polo miúdo (que inclúen tendas, comedores, restaurantes e outros servizos alimentarios similares). Os produtos autorizados para a venda directa son: mel, pole, própole, xelea real, ovos (excepto en establecementos de venda polo miúdo), froitas e froitos silvestres, legumes e hortalizas, cogomelos e cereais.

Polo que puideron constatar no SLG, o apartado que máis dúbidas está suscitando deste decreto é o referente ao etiquetado, obrigatorio para tódolos produtos envasados, pero que podería realizarse dun xeito sinxelo, posto que a norma explicita claramente que estes produtos se rexen polo presente Real Decreto e están exentos da normativa que esixe ter Rexistro Sanitario e, en todo caso, non se esixe etiquetado para os produtos a granel que, no caso da venda in situ, queda substituído pola información que proporcionará directamente o produtor ou a produtora ás persoas que lle merquen e, no caso de venda a pequenos establecementos, podería ser substituído por un documento que acredite a transacción onde aparezan os datos da granxa (unha factura, por exemplo).

No caso de mercados, o produtor ou produtora deberá identificar debidamente o seu posto e os produtos a granel coa información alimentaria, o cal pódese facer dun xeito sinxelo como cun simple rótulo ou cartel.

Dende o Sindicato Labrego Galego, entenden que a normativa que desenvolve a venda directa das producións primarias debe constituír unha garantía para a consumidora e o consumidor finais, e unha protección e defensa das labregas e dos labregos e da súa profesión. Tamén consideran que a Consellería de Medio Rural debe ter en conta a realidade que temos nos nosos mercados de alimentos labregos, posto que moitas produtoras e produtores acoden a eles para vender excedentes da súa produción e axudar así a completar as súas rendas familiares. Por iso, dende o SLG velarán para que este decreto non supoña un custe engadido en tempo e papeis para as persoas produtoras, e para que non incremente a importante carga burocrática e de traballo que aturan as nosas granxas. O establecemento de relacións de confianza é a base sobre a que se fundamenta a venda directa, que se alicerza en relacións humanas que se constrúen día a día, máis alá de papeis e rexistros. Agardan que esta esencia non se poña en perigo a través desta e doutras normativas que poidan vir.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.