1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

limpeza-rios 04Galiza - ADEGA - Aínda que con ameaza de trebóns nalgunhas zonas de Galiza para esta fin de semana, fomos novamente moitas as persoas que nos mollamos polos ríos na VII Limpeza simultánea de ríos. Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados.


Recolléronse refugallos de todo tipo, e coma sempre abundaron os plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos...). Apareceron tamén rodas de automóbiles, cristais e asentos, e os electrodomésticos tampouco faltaron, lavadoras, frigoríficos e televisións. Apareceu tamén algunha uralita, roupa, calzado... Algúns dos grupos se adicaron tamén a manter os sendeiros de pescadores.  

Calculamos que os residuos de todos os concellos suman perto de 10 toneladas, pero debemos lembrar que o noso principal obxectivo non era este. O voluntariado ambiental non é man de obra barata que poida suplir o traballo da administración, somos, por outra banda, unha masa de xente que axuda a concienciar á sociedade. O voluntariado denuncia que a situación dos nosos ríos debe mudar, e para iso facemos actividades como esta.  

A VII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrouse este ano en 45 concellos de toda Galiza, e participaron un total de 57 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, etc.) e tamén 8 concellos que organizan directamente esta actividade en 46 treitos de río.  
Debido as condicións meteorolóxicas, algúns colectivos e concellos adiaron a actividade para o próximo domingo, polo que tamén agradecemos o esforzo que supón convocar dúas veces a mesma actividade.  

Proxecto Ríos é un proxecto financiado por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Para esta actividade contamos coa colaboración de Confederación Hidrográfica Miño-Sil, asi como os concellos de A Estrada, Ames, Cambre, Carballo, Cariño, Cuntis,  Fene, Gondomar, Lugo, Muxía, Poio, Pontevedra, Rianxo, Salceda de Caselas, San Sadurniño, Santiago de Compostela e Teo.  

Para levar a cabo a actuación reeditouse o protocolo de limpeza de ríos co fin de ofrecer unhas pautas sobre cómo se debe facer unha limpeza ecolóxica nos ecosistemas fluviais. Tamén se agasallou aos/ás voluntarios/as con unhas camisolas co lema da limpeza.

Actualizouse a páxina web para a limpeza http://limpeza.proxectorios.org/  onde se especifica que é a limpeza, onde se celebraron, os contactos dos/das coordenadores/as, e as entidades participantes e financiadores.  

Ao longo desta semana publicaremos na web do Proxecto Ríos: www.proxectorios.org e na web específica da limpeza: http://limpeza.proxectorios.org/ un informe coas conclusións finais desta actividade, así como as fotos da xornada da limpeza que aínda estamos a recibir dos grupos participantes.

A todos e todas, grazas por coidardes dos nosos ríos!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.