1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

300814 2scGaliza - Verdegaia - Diante dos numerosos casos de bañistas con afeccións dermatolóxicas, Verdegaia vén de solicitar á Consellería toda a información relativa ao tema, así como as medidas adoptadas ata este momento para garantir que non se estean producindo vertidos incontrolados. Solicitamos que se investigue a orixe do problema, e que se tomen as medidas oportunas para evitalo.


Dende finais do mes pasado, numerosas persoas resultaron afectadas con problemas dermatolóxicos (picores, queimaduras, reaccións alérxicas) despois de térense bañado nas praias da costa lucense.

A única explicación ofrecida ata agora desde a administración, atribúe estes problemas á presenza nas augas desas praias dunha alga tóxica. Sen embargo, expertos da CEPESMA (Coordinadora para el Estudio y la Protección de Especies Marinas) negan esa posibilidade, xa que ao parecer ese tipo de algas adoita aparecer en épocas máis tardías, cando a temperatura das augas é maior.

Estes mesmos expertos afirman que é probable que a orixe dos problemas de saúde estean relacionados con vertidos procedentes da planta de aluminio de ALCOA, cuxa balsa de lodos se atopa moi próxima á zona dos feitos.
Segundo as declaracións feitas á prensa por Luis Laria, da citada organización ecoloxista, na costa cantábrica detectáronse nas últimas semanas polo menos once puntos con elevadísimos niveis de sosa cáustica na auga, niveis que este experto atribúe aos vertidos que, segundo as súas palabras, ALCOA emite ao mar. Afirma este experto que a citada empresa leva anos vertendo millares de toneladas de sosa cáustica ao mar, contaminando así unha ampla franxa litoral e poñendo en perigo os ecosistemas e a saúde das persoas. Esta multinacional leva xa acumuladas dez condenas xudiciais por contaminación do entorno.
Desde a Consellería de Medio Ambiente afirman non ter coñecemento sobre o informe relativo á auditoría medioambiental realizada hai xa tres anos.

É difícil de crer que a Consellería non teña constancia de nada, cando neste momento o tema está en mans da Fiscalía de Medio Ambiente do goberno central. Esta Fiscalía interveu de oficio a raíz das declaracións na prensa de Luis Laria, como seguramente non ignorará a Conselleira Ethel Vázquez. No informe facilitado por Cepesma á Fiscalía, revélase que os vertidos de San Cibrán acadan as 250.000 toneladas anuais.

No proceso de fabricación do aluminio, a bauxita disólvese en sosa cáustica para obter o aluminio. Desde CEPESMA sospeitan que esta sosa, en lugar de ser devolta ao comenzo do proceso para ser reutilizada, na planta de San Cibrán estaría sendo vertida en grandes cantidades directamente para o mar.

Chama a atención o absoluto silencio informativo dos medios de comunicación galegos, en contraste cos xornais locais asturianos, que levan semanas achegando información sobre o tema.

Animamos ás persoas afectadas a denunciar os feitos, xa que supoñen un atentado contra a saúde pública.

Exiximos a inmediata intervención da Consellería de Medio Ambiente, tomando as medidas necesarias para garantir que non se volve a poñer en risco a saúde das persoas: pechar as praias ata que a auga sexa apta para o baño; investigar se se están producindo vertidos de sosa, e, se se confirmase ese dato, paralizar o proceso de produción en tanto non se poñan os medios de filtrado, depuración e reutilización da sosa que garantan que a planta cumpre con tódolos requisitos ambientais e non pon en perigo a saúde das persoas.

Pensamos que é precisa a comparecencia pública da Conselleira para aclarar uns feitos que están afectando aos nosos ecosistemas e á saúde pública, e danando a imaxe do patrimonio natural da nosa Comunidade.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.