1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

AfetadosOfimaticoGaliza - SDC - Poucos foron os meses de tregua do Concello da Coruña no seu teimado acoso urbanístico ás familias que residen nos terreos do faraónico despilfarro do Parque Ofimático.


Foto: Stop Despejos Corunha - Umha das pessoas afetadas.

Fai menos de dúas semanas Álvaro, un dos veciños da marxe dereita da Avenida Alfonso Molina –dirección saída da Coruña-, recibiu unha notificación[1] na que César de Jesús Otero Grille, Director Xeral de Urbanismo, lle comunicaba que viña de asinar un Decreto Directivo no que lle insta a desaloxar a súa casa xunto co seu fillo e a súa nai de 79 anos, indicándolles que, de non facelo voluntariamente, iniciaranse os procedementos pertinentes para forzalos a abandonar o seu fogar e demolerlles a casa. Xunto con Álvaro, en total recibiron esta notificación 5 familias, ubicándose as catro restantes na marxe esquerda. 

Na actualidade 12 familias residentes na zona de Eirís-Castro de Elviña onde se quere construír este megaproxecto de vivendas e oficinas manteñen unha forte loita para evitar perder os seus fogares por culpa da megaoperación de especulación urbanística do Parque Ofimático. Cómpre lembrar que os seus terreos foron expropiados sen o seu consentimento, negativa que o Concello castigou obrigándoas a se converteren en  promotoras forzosas, procedendo a lles cobrar custos de urbanización por valor de milleiros de euros que lles resulta imposíbel pagar, situando a estas familias no abismo de verse sen casa e fortemente endebedadas por culpa dun proxecto que empezou sendo de uso social e acabou converténdose nunha operación de especulación urbanística ca que poñer cartos públicos ao servizo de intereses privados e engrosar a lista das 20.000 vivendas que xa a día de hoxe fican baleiras na cidade.

Aliás, en casos concretos como o da familia de Álvaro, a cambio dos 1.500 metros cadrados que lle queren expropiar vanlle devolver menos de 500 metros cadrados de terreo, sen casa, e tendo que pagar custos de urbanización, o cal, en plena crise económica, suporíalles endebedarse en cantidades que poderían chegar a superar os 40.000€

Pero ademais o concello da Coruña ten tanta présa en botalos das súas casas que nin sequera respecta os procedementos administrativos abertos e pretende facelo polas bravas, a golpe de decreto do Director de Urbanismo. Na actualidade, 5 familias -4 residentes na marxe dereita da Avenida, entre as que se atopa a de Álvaro, e unha da marxe esquerda- están agardando pola resolución das alegacións que presentaron ás modificacións do Plan Parcial no período aberto para tal efecto o pasado mes de xullo, a través das cales solicitaron a desafección das súas vivendas dentro do Plan. 

Estas familias consideran totalmente desproporcionado que lles tiren as súas casas dada a inadecuación do proxecto, alegando que inicialmente foi proxectado para un “ben social”  e posteriormente “reconvertido” en vivendas, sen adaptación ao actual descenso de demanda de vivenda, cun custo de edificación orzamentado moi superior ao aplicado noutros polígonos da cidade, e sen garantías do dereito de realoxo que estas familias deberían ter no  proxecto de reparcelación. 

Ademais, as casas da marxe dereita atópanse nos terreos que o proxecto destina a “equipamentos escolares”, resultando sospeitoso que se tivera reservado a tal efecto unha extensión superior á esixida legalmente sen que exista xustificación algunha. De feito, a veciñanza afectada está convencida de que non se empregarán para a construción de colexios –como está especificado no Plan-, xa que hai centros educativos próximos e unha clara tendencia de descenso de natalidade. As familias sospeitan que a dotación de equipamentos é unha desculpa para derrubar as súas casas e acabar construíndo máis edificios.

Sen embargo, o goberno corrupto do alcalde Carlos Negreira, con Martín Fernández Prado como Concelleiro de Urbanismo, prefire obviar as esperanzas que estas 5 familias teñen postas na resolución destas alegacións e recruecen o acoso inmobiliario, dito sexa de paso, comunicado no mes de agosto en plenas festas da Coruña, detalle que polo menos podemos cualificar de indubidábel mal gusto.

Sen dúbida, o acoso urbanístico do goberno local ás familias afectadas polo Parque Ofimático voltará ser a carta de presentación do Concello da Coruña nos medios de comunicación nos vindeiros meses. Aliás, a cuestión de fondo segue a ser a mesma nestes últimos seis anos: por que en plena crise económica -e total afundimento do sector urbanístico- o Concello da Coruña está interesado en construír case 1.500[2] vivendas malia a ter xa 20.000 vivendas baleiras na cidade? Ata onde chegan os intereses das persoas integrantes do consistorio municipal que ata están dispostos a desaloxar ás familias a golpe de decreto municipal?

Dende STOP Desafiuzamentos A Coruña manterémonos apoiando a loita exemplar destas 12 familias, que conta ademais cun importantísimo apoio por parte das coruñesas e coruñeses.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.