1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

cimentoscosmosvideoGaliza - ContraMINAcción - Dous colectivos integrados en ContraMINAcción presentaron xa cadanseu recurso de reposición contra a licenza concedida polo Concello, solicitando a súa suspensión inmediata. Nos vindeiros días presentaranse novos recursos por parte de outros colectivos da nosa Rede.


Foto: SLG - Atividade em instalaçons da Cimentos Cosmos.

Nos recursos, presentados polos colectivos Cova Crea e Petón do Lobo, exíxese a suspensión inmediata da licenza concedida á empresa Cementos Cosmos, así como a revisión da mesma, por entender que reviste o carácter de acto administrativo nulo de
pleno dereito.

Desde os colectivos alegantes explican que o recoñecemento administrativo por parte da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, limítase ao proxecto de explotación e plan de restauración vixente a 1 de xaneiro de 2003, non podendo ser obxecto de
recoñecemento administrativo as ampliacións ou modificacións posteriores a esa data.

Ao tratarse dun proxecto diferente do anteriormente aprobado (distinto nome, distintas concesións, maior envergadura, maiores impactos e incluso distinto tipo de recursos a explotar), precisaría, para ser levado a cabo conforme a lexislación vixente, da
correspondente avaliación ambiental, así como da análise dos impactos directos e indirectos da actividade na área na que se desenvolve. Así pois, non se trata dunha simple regularización dunha actividade extractiva xa existente.

Desde ContraMINAcción recordan á opinión pública que a explotación en cuestión atópase enriba da Cova de Eirós, onde se fixeron importantísimos achádegos arqueolóxicos, sendo considerada unha auténtica xoia da arte rupestre, ata o punto de ser bautizada como a “Atapuerca galega”. As actividades mineiras danan gravemente este xacemento arqueolóxico, producindo filtracións de auga que danan as pinturas, así como as voaduras e detonacións no seu entorno inmediato, como o propio departamento de Patrimonio Cultural recoñece, a pesar de informar favoravelmente permitindo detonacións a só 50 metros da Cova de Eirós.

Tamén é necesario lembrar que esta mina se encontra sobre o leito fluvial do rio de Teixido, en Rede Natura nun ámbito con varias ducias de especies protexidas, no ámbito de protección do Camiño de Santiago, e afecta cinco aldeas e as vías de comunicación entre elas. A pesar diso, foi outorgada unha licenza sen avaliación dos impactos dun xeito totalmente irregular no procedemento e contra o máis elemental senso común.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.