1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

marin-pagaraGaliza - APDR - Unha nova sentenza do Tribunal Supremo volve insistir na necesidade de dar cumprimento á ditada en 2009 que obrigaba á Autoridade Portuaria, á Deputación de Pontevedra e á Xunta de Galicia ao desmantelamento dos recheos ilegais realizados desde o ano 1994 no Porto de Marín e confirma a obriga de iniciar sen máis dilación o proceso que culmina coa retirada dos materiais de recheo e a inutilidade do Plan Especial aprobado pola Xunta de Galicia en xullo de 2013; parece claro despois deste fallo, que a sa do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia –diante da que a APDR presentou un recurso contra a aprobación do plan especial de 2013- fallará no sentido de anular tamén este enganoso documento.


Nesta situación chaman a atención dous feitos, o primeiro é a obsesiva pretensión da administración por manter uns recheos ilegais que teñen prexudicado de forma grave ás condicións ambientais e aos recursos naturais que proporcionan un bo número de postos de traballo no interior da ría. O segundo, a actitude da avogacía do estado que, lonxe de defender os intereses dos cidadáns e do estado diante da dilapidación de inmensas cantidades de recursos públicos, defende –dende unha “posición anómala” segundo indican os maxistrados do Supremo- os intereses particulares das dúas empresas que se benefician de forma evidente dos recheos e obras que agora hai que retirar.

Procede agora proxectar o levantamento dos recheos de forma segura, evitando calquera dano ambiental para facer posible a recuperación do sistema hidrodinámico que permita a recuperación dos sistemas naturais e dos bancos marisqueiros do interior da ría. Pero todo indica que a pesar dos fallos xudiciais os responsables da Autoridade Portuaria están decididos, non so a incumprir a sentenza do máis alto tribunal do estado, senón a seguir adiante coas obras e recheos que se contemplaban en plans anulados sen importarlle os prexuízos que estes provocan. Moito nos tememos, neste sentido, que pronto se inicien os dragados ata a cota de 15 metros de profundidade nunha extensa área no entorno das zonas de recheo que indubidablemente provocarán un aínda maior impacto ambiental e perdas económicas para o sector marisqueiro; o dragado provocará unha remobilización de sedimentos que poñerá en suspensión partículas minerais e contaminantes procedentes do complexo industrial de Lourizán que se dispersarán por extensas zonas da lámina de auga. Os cambios na batimetría contribuirán a incrementar os cambios na dinámica sedimentolóxica que se producen cos recheos ilegais xa realizados agravando os problemas asociados. A Asociación Pola Defensa da Ría denuncia publicamente estas intencións e denunciará nas instancias xudiciais que correspondan estas novas actuacións ilegais.

Pero ademais, para a APDR, os responsables políticos e técnicos da Autoridade Portuaria, teñen tamén unha responsabilidade penal tanto pola dilapidación de fondos públicos para realizar uns recheos que sabían ilegais como no dano ambiental, social e económico que se ten infrinxido aos ecosistemas, aos recursos naturais e aos habitantes do interior da ría. En efecto, estes responsables eran plenamente conscientes dende o inicio (xa o advertía a APDR na súa primeira alegación en 1994) de que as obras provocarían un dano ambiental de consecuencias severas e imprevisibles, por iso obviaron realizar calquera previsión de efectos ambientais para as obras proxectadas. Eran plenamente conscientes cando aprobaban o Plan especial do ano 2000 (tamén o advertiu a APDR nas alegacións ao mesmo e no recurso que presentou tras a súa aprobación) da ilegalidade dos recheos, dragados e obras planificadas. E a pesar diso, despois de varias decisións xudiciais contundentes, insisten en realizar as obras previstas nos plans e que están a agravar o impacto ambiental das instalacións na Ría de Pontevedra.

Por esta razón, a APDR vai solicitar á fiscalía que se determine o alcance penal destas actuacións e a esixir que o gasto a que dea lugar a execución do fallo e a demolición dos recheos ilegais sexa costeado polos responsábeis do dano producido no seu día.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.