1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Explotación-de-madera-de-eucaliptoGaliza - APDR - A Asociación Pola Defensa da Ría vén seguindo, desde o seu inicio no ano 2010, o proceso de certificación de xestión forestal sostible baixo estándares do Forest Stewardship Council (FSC) de ENCE Enerxía e Celulosa.


Daquela, concedéuselle o selo FSC e a APDR presentou unha queixa solicitando a cancelación do certificado en base ás evidencias de incumprimento dos principios de xestión establecidos polo FSC, nomeadamente dos 5, 6 e 10, que buscan garantir precisamente a sustentabilidade ambiental, económica e social. A pesar do manifesto destes incumprimentos, e sen aportar ningún tipo de evidencia de ter verificado os indicadores establecidos polos estándares de certificación do FSC no estado español (aspectos comprobables de modo claro), a empresa Bureau Veritas concedeu –de forma fraudulenta, xa que logo- o certificado que ENCE posúe desde 2011.

Dende entón, a través da Federación Ecoloxista Galega da que a APDR forma parte, téñense dirixido queixas formais tanto ao FSC Internacional coma á empresa certificadora Bureau Veritas polo fraude que está a cometer e expresado á propia ENCE cales son os feitos concretos que implican un incumprimento grave dos principios da certificación forestal sostible e que básicamente se centran no impacto paisaxístico, na destrución de biodiversidade, na degradación de solos, no incremento do risco de incendios e na perda de usos e recursos do monte.

En Outubro de 2013, Bureau Veritas, concedeu un único certificado á empresa ENCE Enerxía e Celulosa no estado español. Esta disparatada certificación en grupo, na que se mesturan parcelas con condicións climáticas, ambientais e socioeconómicas moi diferentes en terreos que distan entre si centos de Kms, parece formar parte dunha estratexia para mesturar, confundir e intentar camuflar as deficiencias nas partes, para diluír a mala xestión e o dano ambiental nunha grande diversidade de despropósitos no conxunto.

A Asociación Pola Defensa da Ría, durante todo o proceso amosou con claridade e absoluta concreción os incumprimentos e deficiencias no proceso de certificación aportando evidencias destes incumprimentos. Agora, a empresa de certificación Bureau Veritas, vén de realizar unha auditoría de seguimento na que debería comprobar o grao de cumprimento dos estándares de certificación.

Diante desta empresa de certificación, nos últimos meses, a APDR veu denunciando o feito de que se oculte a situación da superficie certificada, botando abaixo un dos pilares do FSC, o da transparencia nas operacións certificadas; denunciou tamén, con evidencias claras relativas a parcelas concretas, o feito de que se utilicen prácticas de cultivo que implican unha forte degradación física dos solos e aportou documentos que proban estes feitos. Tamén se denunciou a degradación química e biolóxica nos solos onde se plantan os eucaliptos debido á utilización de potentes agrotóxicos. A consecuencia é evidente: a perda irreversible de solo. A utilización de maquinaria pesada, a alteración de perfiles edáficos, a falla de diversidade nas plantacións ou o uso abusivo de agrotóxicos atentan contra a biodiversidade e as paisaxes e favorecen a perda de grandes cantidades de solo fértil por erosión.

Pero a pesar de ter coñecemento destes feitos, o equipo de certificación de Bureau Veritas, máis preocupado polos beneficios da certificación que polo cumprimento das normas asociadas á mesma, vai renovar e manter a certificación a ENCE o que constitúe un engano ao consumidor que, ignorando as graves deficiencias do sistema, deposita a súa confianza no selo. Esta indebida certificación da xestión forestal de ENCE e outras  que se están a denunciar en todo o mundo, nas que se certifica sen que exista respecto aos principios do FSC, amosa un alto nivel de corrupción no sistema. Un síntoma claro da corrupción que impera no sistema é o feito de que incumpra os seus propios protocolos de atención ás queixas para favorecer ás empresas que se lucran co selo. A pesar de que este protocolo obriga a respostar ás reclamación presentadas aos certificados nun prazo de 3 meses, FSC non ten respostado á reclamación formal presentada hai máis de tres anos pola APDR a través da Federación Ecoloxista Galega.

A Asociación Pola Defensa da Ría quere denunciar publicamente  cal é a realidade do certificado forestal que se vai a conceder a ENCE e que responde á complicidade entre os xestores do sistema FSC que non respectan as súas propias normas, a empresa certificada, ENCE, que non amosa intención de mellorar de forma significativa a súa xestión forestal e a empresa certificadora, Bureau Veritas, que ampara e enmascara os incumprimentos dos estándares de xestión forestal sostible. Esta alianza está levando a que se manteña unha certificación fraudulenta que valeira de contido ao selo: o feito de que un produto leve un selo FSC non garante que este proceda dunha fonte sostible, so fala do sucio negocio que se oculta detrás do mesmo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.