1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

maceiraGaliza - PDMM - Ante a aprobación oficial do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia (PSOAEG) por parte da Xunta, a través Consellería de Economía e Industria, onde quedou integrado entre outros o proxecto do polígono industrial da Cruz da Maceira segundo estaba planificado no PXOM de Moaña, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo manifesta:


 

O PSOAEG non contén a legal Avaliación Ambiental Estratéxica (AAE) conxunta das 117 actuacións previstas en 95 concellos, incluídas as propostas no Morrazo do polígono empresarial da Cruz da Maceira (435.528 m2) en Moaña, da ampliación do polígono empresarial de Castiñeiras (412.338 m2) en Bueu e do parque empresarial do Pornedo (336.944m2) en Marín, segundo lle corresponde pola Lei 9/2006 sobre Avaliación dos efectos de determinados Plans e Programas no medio ambiente, transposición da Directiva 2001/42/CE a nivel europeo e en vigor a nivel estatal dende o 21 de xullo de 2004.

O PSOAEG está subordinado a unhas Directrices de Ordenación do Territorio (DOT) que non foron sometidas a unha verdadeira AAE e a un Plan de Ordenación do Litoral (POL) a nivel galego, que deixou fóra da súa ordenación áreas naturais de importancia como a do espazo natural dos Montes do Morrazo .

Con respeto ao polígono empresarial da Cruz da Maceira, a Plataforma considera unha “montaxe” e de moi dubidoso encaixe legal a súa tramitación no PSOAEG, xa que na fase de información pública saíu reflectido como parque empresarial Marín-Moaña e “ilocalizado”. Agora resulta que é o planificado anteriormente no PXOM de Moaña, en base a que non estaba recollida a súa situación inicialmente, a Xunta e a citada Consellería pretenden darlle autorización baixo “subterfuxios legais”, cunha “avaliación ambiental ordinaria”, ao igual que catro polígonos máis en condicións similares en Lobeira, Ames, Ourense e Cerceda, cando por xerarquía superior non foi realizada a correspondente AAE conxunta do Plan Sectorial e pretenden “simplificala” para darlle cabida a esas actuacións fóra da ordenación inicial.

Co carácter de plan supramunicipal que contén o PSOAEG, a Xunta, o Concello e a Agrupación de Empresarios de Moaña como promotora, pretenden pasar por enriba da clasificación de solo rústico de especial protección de espazos naturais Montes do Morrazo segundo as Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da provincia de Pontevedra, que posúen os terreos onde se pretende actuar e que prohibe os usos industriais no seu ámbito de protección. Esa foi a razón pola que a Xunta de Galicia deixou “en principio” fóra o espazo reservado a nivel municipal no 2011 na aprobación parcial do PXOM moañés, para agora pretender autorizalo en base a esa supramunicipalidade, obviando varios informes desfavorables anteriores. O primeiro no ano 2005 asinado por Alberto Núñez Feijóo cando era Conselleiro de Política Territorial e Obras Públicas.

A “avaliación ambiental ordinaria” do polígono industrial da Cruz da Maceira suporía asumir a súa actuación.A súa realización non asumiría corrección de impacto posible xa que este sería grave e irreversible.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo lembra que o citado polígono industrial afectaría as áreas naturais da Cruz da Maceira, Pozo da Maceira e Regadantes en terreos con grandes desniveis arredor dos 400 metros de altitude na profunda conca conformada por dous nacementos do rego da Fraga, a carballeiras e bosque autóctono aluvial de interese comunitario e mesmo prioritario a nivel europeo, fauna e flora salvaxe con varios endemismos e vulnerables a nivel ibérico, plantacións forestais de monte comunal e privado, ao GR-59 do sendeiro ecolóxico do Morrazo e o sendeiro municipal do río da Fraga, e por proximidade á área municipal de lecer de O Beque e o núcleo rural de A Fraga, provocando no seu conxunto un enorme impacto paisaxístico que sería visible dende o propio núcleo urbano do municipio até boa parte da ría de Vigo.

A súa inclusión na aprobación definitiva do PSOAEG, máis alá deste inasumible impacto ambiental, non posuiría viabilidade nin técnica, nin económica e só se basea na especulación urbanística por parte dunha agrupación de empresarios presididos anteriormente polo actual alcalde de Moaña, J. Fervenza. Este polígono que comezou a xestarse a principios da década pasada, coa súa integración na planificación do PXOM moañés, contou coa colaboración “inestimable” de PP, PSOE e BNG na súa tramitación.

A demostración máis palpable desa especulación foi o convenio asinado durante anos coa comunidade de montes de Moaña, onde baixo unha figura de xestión ilegal e inexistente, a “expropiación amistosa”, pretendían integrar 240.000 m2 de terreo de monte comunal no polígono a cambio de 25.000 m2 urbanizados para a comunidade.

A construción dun parque empresarial non significa que vaia producir máis tecido industrial nin empresarial, nin tampouco máis postos de emprego dos xa existentes. Hai exemplos dabondo a nivel galego de parques industriais coas naves baleiras ou mesmo con parcelas sen ocupar, como os 2.800.000 m2 desocupados en parques existentes por toda a xeografía galega malia a intensa campaña de redución de impostos e bonificacións realizada ultimamente pola Xunta a través de Xestur e o Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Estas operacións só tratan de “mercar e recualificar terreos rústicos a baixo prezo” onde reubicar as empresas. No caso do polígono industrial da Cruz da Maceira preténdese realizar con capital privado e, para facilitar as operacións, o actual goberno do PP na Xunta acaba de asinar a colaboración co sector “inmobiliario” para facilitar a “venda” de solo industrial recualificado, dentro dun modelo “neoliberal” e de “libre mercado” a costa da desrregulación e a “destrución do territorio”. No caso do solo industrial planificado no PSOAEG para Galicia até o 2024 é de 46,6 millóns de m2 de tope “a recualificar”, máis do dobre do existente na actualidade, e no que se dá viabilidade a parques industriais cun “mínimo” do 30% do solo ocupado.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.