1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

MORRAZO0002Galiza - PDMM - A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, vai organizar tres roteiros circulares contra do desdobramento do corredor de alta capacidade do Morrazo.


 

A finalidade é informar in situ dos valores ambientais, sociais e culturais como así mesmo da ameaza dos impactos que supón o desdobramento do corredor nas áreas afectadas.

O primeiro roteiro é para o domingo 15 de xuño, pola área afectada dos montes de Moaña con saída e chegada no igresario de San Martiño, subida polo paso elevado da Xalde, visita á área de lecer e miradoiro de Outeiro do Cruceiro e baixada polo paso peonil existente baixo do viaduto da rotonda do enlace de Cangas.

O segundo é o domingo 29 de xuño polos montes da parroquia de Meira, con saída e chegada no igresario parroquial, subida pola ribeira e viaduto baixo do rego do Barranco do Faro, visita a área de lecer de Outeiro de Aviador e miradoiro dos Parientes e volta pola Pedra Furada, Pozo Garrido e paso outra vez por debaixo do viaduto e área de ribeira do Barranco do Faro.

O terceiro é o domingo 13 de agosto polos montes da parroquia de Domaio, con saída e chegada na capela de San Bieito, percorrendo o sendeiro polos regos da Freixa e Miñouva, con subida ata a Poza da Moura, catalogado e sinalizado polo concello de Moaña.

Os roteiros comezan ás 11 h. e rematarían ás 13:30 h.

A Plataforma rexeita o proxecto do desdobramento do corredor en autovía polo grande e irreversible impacto que provocaría no medio, o patrimonio e os seus recursos, incluído o das áreas naturais integradas nos espazos naturais protexidos dos Montes do Morrazo e o carballal de Coiro, a máis do xa provocado polas obras de construción e a posterior posta en funcionamento do propio corredor hai unha década.

Lembra que a construción do corredor hai unha década supuso profundos cortes e encaixonamento no relieve dos montes, recheos, viadutos, destrución de camiños, da área de proteción  integral dunha treintena de xacementos arqueolóxicos, afección da conca e sedimentación do leito e área de ribeira dos regos Miñouva, da Freixa, Caiauga, da Fraga, do Inferno, Saíñas e Bouzós, afección de mananciais de traída de augas veciñais, plantacións forestais e perda de solo e capa vexetal, afección da contorna de áreas de lecer, introducción de especies alóctonas e invasoras e posteriormente desde a fase de posta en funcionamento ata a actualidade impacto acústico, contaminación atmosférica, introdución de especies alóctonas e invasoras, mortandade de fauna, derrubamentos de taludes,...

No entanto de solucionar os problemas do tráfico nas estradas, incrementouno cara ás entradas e as saídas, dende a saída de Rande ata as estradas da costa, e producíu unha alta siniestralidade.

É totalmente incompatible co moito máis sustentable uso do transporte colectivo, co que compite en total desigualdade de condicións, tanto en inversións como en posta na práctica, onde nos últimos anos mentras se foi incrementando os gastos das administracións públicas nas estradas en favor do insustentable uso do automóbil privado, baixou ao mesmo tempo de xeito progresivo o número de usuarios/as do transporte público, tanto terrestre como marítimo, pola falla de incentivos.

A planificación "propagandística" da ampliación da A-9 na ponte de Rande máis a do desdobramento do corredor en autovía suporían un despilfarro económico de "dubidosa viabilidade" para un modelo de transporte que vai camiño do "colapso" senón do insustentable "rescate futuro con fondos públicos", onde as únecas beneficiarias serían unha vez máis as empresas adxudicatarias, que non poderían facer fronte finalmente aos grandes custes económicos de construcción e mantemento destas grandes infraestrururas viarias.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.