1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Cartaz-Encontro-Solar-UDCGaliza - ADEGA - O sol é o principal responsable da vida no planeta: regula o ciclo da auga, orixina os ventos polas diferenzas de temperatura e presión, permite a fotosíntese é dicir, é a orixe de gran parte das fontes de enerxía: hidráulica, eólica, biomasa, carbón... Nun ano o sol envía á terra catro mil veces a enerxía que consumimos. Porén, o uso desta enerxía solar directa está aínda moi pouco estendido.


O Encontro Solar pretende ser un espazo de participación que divulgue as aplicacións da enerxía solar na vida cotiá e fomente o seu uso. Nesta mostra realizaranse diversas actividades que pretenden crear unha nova cultura enerxética que incida na redución e na eficiencia do consumo. Un cambio de comportamento preciso, encamiñado a mitigar o cambio climático.

Programa

Durante toda a xornada de 11h-17h haberá unha exposición de aparellos solares, como cociñas, fornos solares, e outros. Tamén contaremos con Gastronomía solar, degustación de pratos elaborados con enerxía solar, sorprenderavos!

12:00 Charla  Som Energía  COOPERATIVA produtora-comercializadora Electricidade certificada 100% Renovable
Estructura da charla: - Breve historia do mercado eléctrico, para encadrarnos na situación actual e o seu funcionamento. - Presentación da cooperativa e explicación-comparación das facturas. - Consellos de aforro enerxético. - Rolda aberta de intervencións.
Relator: Javier Pombo Sánchez. Socio de Som Energía e colaborador do grupo local Som Enerxía Galiza.
Lugar:  por concretar aula da Fac. de Socioloxía.

13:00 Visita guiada por Jesús Manuel Giz Novo (Técnico Superior de Mantementos da UDC) a unha instalación fotovoltaica (para a que será necesario reservar praza no correo oma3dc.es). O punto de encontro será a mesa da OMA (no propio Encontro Solar, aparcamento da Fac. de Socioloxía).

Para esta actividade dependemos do tempo, polo que o luns 12 confirmaremos ou adiaremos a actividade segundo a previsión meteorolóxica.
 
Esperámosvos!! 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.