1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

capt-pax-inicial-doc-propostas-UE-peakoil-2014-211x300Galiza - Véspera da Nada - Nas últimas semanas estivemos a definir unha serie de medidas básicas para lle facer fronte ao grave problema do Teito do Petróleo tamén desde as instancias europeas.


Coa participación de membros da nosa asociación e a colaboración de Antonio Turiel, un dos principais expertos no Estado Español sobre esta cuestión —a quen agradecemos especialmente a súa participación malia estar convalecente dunha enfermidade—, elaboramos un documento de sete páxinas co título de «Propostas de política europea para afrontarmos o Teito do Petróleo (Peak Oil) dirixidas a todas as formacións políticas que se presentaren ás eleccións do 25/05/2014 ao Parlamento Europeo», que hoxe facemos público e remitimos ás formacións políticas que se presentan as eleccións europeas e que amosaron o seu interese nas nosas propostas. Agardamos que o poidan incorporar aos seus programas e, sobre todo, á súa acción institucional, colaborando con outros/as europarlamentarios/as conscientes do problema, unindo forzas no Parlamento da UE para sacar este grave problema á luz e puxar por reorientar toda a política europea a un contexto radicalmente novo de devalar enerxético e económico permanente, cuxos efectos será imposible continuar a agachar durante moito máis tempo.

A acción institucional para preparar as nosas sociedades para o impacto devastador do final da enerxía fósil abondosa e barata debe abranguer todas as instancias, comezando nas máis achegadas (concellos) ata as estatais e por suposto supraestatais. Os crecentes conflitos internacionais debidos de maneira directa ou indirecta á competición por uns recursos minguantes fan, se cabe, máis urxente e indispensable abordar o problema desde as instancias supranacionais, para tomar unha base realista como fundamento da política internacional e para recoñecer que os recursos remanentes no planeta deben ser repartidos con xustiza e equidade e non arrebatados ou acaparados pola forza nin usados como mecanismo de extorsión entre países.

O futuro das nosas sociedades depende de que sexamos conscientes da dura realidade enerxética que temos por diante, e a paz mundial de que saibamos adaptarnos a un descenso enerxético que inevitablemente ha pasar por ceder de maneira xusta e solidaria parte dos recursos a outros pobos, ao tempo que respectamos a soberanía enerxética de cada país e aprendemos a abandonar os combustibles fósiles antes de que eles nos abandonen a nós.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.