1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

00053 rbGaliza - APDR - Dende a Asociación Pola Defensa da Ría, xunto co movemento veciñal, ecoloxista, de consumidores, de persoas afectadas e de electrosensíbeis, de nais e pais, de defensa da saúde, … que conforma a Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética (PECCEM), alertou nas últimas semanas aos partidos políticos e aos distintos grupos municipais galegos para que fagan mocións de urxencia contra un Proxecto de Lei Xeral de Telecomunicacións (en trámite no Senado), tal e como xa se está a facer na comunidade galega, máis na aragonesa, na catalá, na madrileña, na valenciana, na vasca…


Dende a APDR e a PECCEM, tal e como sinalouse en recente rolda de prensa no Senado o pasado 3 de abril, considérase un proxecto de Lei feito á medida das teleoperadoras: non aplica nin deixa aplicar o principio de precaución (solicitado por científicos independentes, o Parlamento europeo, a Asemblea parlamentar do Consello de Europa e a Axencia Europea de Medio Ambiente), elimina as potestades municipais e das comunidades autónomas neste ámbito e abre a vía das expropiacións de espazos privados ou públicos  para a instalación de antenas base de telefonía móbil atendendo aos intereses privados das teleoperadoras.

O proxecto de Lei Xeral de Telecomunicacións, somete directamente o despregue de redes públicas de comunicacións electrónicas ás disposicións do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, en nome da competencia exclusiva do estado, usurpando a competencia municipal para outorgar licenzas (perdendo o estudo da avaliación ambiental) e as competencias municipais e autonómicas no campo das telecomunicacións (medio ambiente, ordenación urbana e territorial e saúde pública), coas seguintes consecuencias de desprotección xurídica en materia de saúde e consumo:

- Cuestiona a autonomía municipal, recoñecida na Constitución Española de 1978 (artigos 137 e 140), na Carta Europea de Autonomía Local (artigo 3.1) e na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, na preservación dos intereses municipais en materia de: A) Planeamento, xestión, execución e disciplina urbanística. Protección e xestión do Patrimonio histórico. B) Medio Ambiente Urbano... e protección contra a contaminación ... J) Protección da salubridade pública. Ñ) Promoción no seu termo municipal da participación dos cidadáns no uso eficiente e sustentábel das tecnoloxías da información e as comunicacións.

- Nega a competencia municipal (e autonómica) específica recoñecida en distintas sentenzas do Tribunal Supremo de protección sanitaria para reducir niveis de exposición da poboación aos campos electromagnéticos, con medidas adicionais ás estatais (fixando limiares de exposición menores e espazos protexidos no planeamento urbanístico).

- Impide aplicar o principio de precaución (recoñecido no art. 3 da Lei 33/2011 Xeneral de Saúde Pública), xa que non atende ás recomendacións de precaución da Resolución 1815 da Asemblea Parlamentar do Consello de Europa (2011), nin ás Convencións internacionais sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade (esquecendo os problemas de saúde medioambiental emerxentes como a electrosensibilidade), nin sobre o acceso á información, a participación pública en toma de decisións e acceso á xustiza en temas medio ambientais (Convenio de Aarhus).

- Dende a APDR e a PECCEM prevese unha gran conflitividade por deixar en mans privadas e intereses comerciais as consideracións relativas á expropiación forzosa de bens privados e públicos para a instalación de antenas de telefonía móbil, sen que os gobernos municipais teñan ningunha posibilidade de intervención real.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.