1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Dia Da Terra 14-675x1024Galiza - LEG - A primavera xa chegou a Lugo, e tras dela ven a Festa da Terra. Esta actividade organizada polo estudantado da Escola Politécnica Superior nace coa idea de concienciar sobre o efecto que a nosa especie ten sobre o Medio Ambiente intentando xuntar actividades reivindicativas/educativas con outras de carácter máis festivo.


Martes 22 ás 19:00 na AULA 1 DA EPS:O Prestige, unha catástrofe impune.

Este ano saíu a sentenza do Prestige unha catástrofe que os que hoxe somos estudantes temos moi recente da nosa infancia. Queremos recordar o que sucedeu hai xa dez anos e como é que a xustiza actuou cos responsables da catástrofe. Para isto, imos contar coa axuda Luís Villares, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, onde colabora como docente no Máster en Xestión sostíbel do Territorio.

Mércores 23(debaixo da cafetería da EPS)

Ás 16:00 comezaremos cos xogos populares: lanzamento de sacho, carreiras de sacos, tirar da corda… estas e outras actividades que durante centos de anos o noso pobo practicou para se divertir e que queremos por en valor.

Ás 18:00 faremos un 3×3 de fútbol mixto, como non hai instalacións deportivas da USC imos realizalo “a nosa maneira” e xa de paso denunciar que sexa quen sexa o Reitor eleito o vindeiro 25 o Campus de Lugo non ten instalacións deportivas propias e queremos que isto mude(e outras moitas cousas).

Para rematar ás 20:00 teremos festa rachada cunha foliada popular  para festexar que xa non fai tanto frío e que  os días son máis longos, esperamos contar co apoio de Pemán santo milagreiro onde os haxa ao cal lle puxemos dúas velas para que non chova. Aquela xente que axude a amenizar a festa, con instrumentos musicais será correctamente recibida con empanada e viño.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.