1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Regulamento costasGaliza - Verdegaia - A Asociación Ecoloxista Verdegaia ven de presentar, neste mes de abril, alegacións ao Regulamento Xeral de Costas que ven desenvolver a nova  lei 2/2013:


"Este regulamento, que ven desenvolver a nova lei de costas 2/2013, non fai máis que confirmar a mercantilización do Dominio Público Marítimo Terrestre recollido na citada lei. Unha lei que ten como finalidade a explotación económica e non a conservación do medio litoral e racha co principio de que o litoral é un ben de todos cuxa titularidade pública recollía a anterior lei.

Ao longo do regulamento vemos como a ambigüidade e a indefinición se repiten artigo tras artigo coa única intención de deixar resquicios por onde poder colar todas aqurlas desfeitas que se queiran levar a cabo, o que seguimos denunciando provocará inseguridade xurídica.

No artigo 3 faise unha clasificación das dunas e no artigo 4 indica que as dunas que cataloga como “estabilizadas e as relictas non son necesarias para garantir a estabilidade da Praia e a defensa da costa”, nada máis lonxe da realidade, nós consideramos que ambos tipos de dunas forman parte da zona marítimo terrestre, isto limita a inclusión das dunas no domínio público que segundo este artigo non estarán incluidas xa que non resultan necesarias para garantir a estabilidade da praia e a defensa da costa, e entenden que as dunas de carácter fixo non contribúen a garantir a estabilidade da praia e a defensa da costa polo que que quedarían fora do demanio natural e incluiría somente as dunas de primeira marxe máis próximas ao mar e sempre que se demostre unha relación directa coa estabilidade das praias.

No mesmo artigo 4, fala de que para a determinación da zona marítimo terrestre e das praias se terá enconta:”para fixar o límite ata onde chegan as ondas nos maiores temporais coñecidos ,consideraranse as variacións do nivel do mar debido ás mareas e á oleaxe. Dito límite será acadado ao menos en cinco ocasións nun periódo de cinco anos”. Non nos parece serio e riguroso este método para a determinación da zona marítimo terrestre xa que hai outros métodos de medición máis rigurosos como os recollidos no regulamento do 89, Isto reduce o terreo do domínio público marítimo terrestre ata onde poida interesar e non por intereses de protecciòn e por riba socialízanse os gastos xa que as responsabilidades por enchentas temos que pagalas todos.

Como xa se recolle na lei 2/2013 non se aposta pola conservaciòn e menos aínda pola recuperación da costa, no artigo 29 fala dos criterios de declaración de situación grave de regresión da costa e non regula que tipo de criterios e tampouco se aposta por criterios científicos para facer esta valoración, somente chega con que se estime que é así e non di en base a que criterios se fará esa estimación.

Regulase tamén que naqueles terreos que estexan ubicados a máis de 500m da desembocadura dun río a mar aberta máis cercana poderá reducirse a servidume de protección, consideramos que esta distancia non garante a conservaciòn da ribeira do mar ou dos deltas ou estuarios dos ríos. Di específicamente no artigo 44 “ nas marxes dos ríos ata onde sexan sensibeis as mareas a extensión desta zona poderá reducirse pola administración xeral do Estado, dacordo coa CCAA e o concello ata un mínimo de 20m” .... “somente poderá reducirse a protección naqueles terreos situados a máis de 500m. A súa vez non estamos dacordo con permitir campings en zonas de servidume de protección como recolle no artigo 46.

No artigo 47, actuacións suxeitas a autorización di literalmente: [Actuaciones sujetas a autorización.

  1. Con carácter ordinario, sólo se permitirán en esta zona las obras, instalaciones y actividades que, por su naturaleza, no puedan tener otra ubicación, como los establecimientos de cultivo marino o las salinas marítimas, o aquéllos que presten servicios necesarios o convenientes para el uso del dominio público marítimoterrestre, así como las instalaciones deportivas descubiertas]

Estamos en desacordo con este artigo xa que legaliza a posibilidade de criar plantas de acuicultura en zona de servidume de protección.

Estamos en desacordo tamén co artigo “nos tramos urbanos das praias poderá autorizarse a celebración de eventos de interés xeral con repercusións turísticas...” art 66. No artigo 68 fala da instalación de instalación de establecementos expendedores de comidas ou bebidas de temporada e desmontables, pensamos que nunha praia natural non deberían permitirse establescementos deste tipo.

Con respecto ao artigo 81 solicitamos que non se permita nengún tipo de publicidade, nen vallas, nen rótulos nen acústica ou de calquer outro tipo xa que a praia ou o dominio público marítimo terrestre non son espazos publicitarios.

Con respeito ao artigo 111 solicitamos que as autorizacions que se concedan sexan persoais e intrasferibles, pensamos que a posibilidade de transferir as autorizacions evidencia claramete a intención de explotar a costa como un espazo económico sen atender as necesdades de conservación e protecciòn. No 113 as autorizacións para os negocios que se instalen nas praias pasarán de 1 a catro anos , consideramos tamén excesivo o prazo de 4 anos de autorización para explotacións por servizos de temporada.

Con respeito ao artigo 135 , permite as concesións ata 75 anos. En Verdegaia estamos totalmente en desacordo con este artigo xa que abre a porta de extender a desfeita urbanística o todo o litoral sementando máis caos e desprotección e abrindo a veda a especulación.. As concesións se amplían de 30 ata os 75 anos co argumento de que pretenden dar maior seguridade xurídica aos compradores, pero a verdade e que moitas das vivendas e edificacións levantadas dentro do dominio público xa non terán que ser demolidas no 2018 cando remataba a concesión. O pago a estas ilegalidades é permitirlle ampliar a concesión a 75 anos e esconde detrás unha privatización deses terreos xa que quen vai lembrar dentro de 75 anos a quen pertencen eses terreos. Estas concesións poderán cederse intervivos e se lles renovarán sen concurso público. A UE di que non debe haber concesións de máis de 30 anos.

As concesións deben ser persoais, intrasferibeis e non debe poder arrendarse ou transmitirse intervivos nen en herdancia, polo que solicitamos se eliminen estes artigos e todo o capítulo VII xa que fala das prorrogas a estas concesións.

Con respecto a obrigaciòns dicer que: no referente á reposición ou restitución a un estado anterior, indícase que a obrigación do infractor prescribe aos 15 anos, queremos indicar que a obriga de restitución ou reposición non deben prescribir xa que isto abre a porta para que saia moi barato contaminar, simplesmente hai que esperar que pase o tempo. No caso de infraccións graves prescriben aos dous anos e as leves aos seis meses, consideramos moi chamativo que as sancións impostas por temas ambientais se relaxen cada vez máis e se reduzcan exactamente á metade, mentres se endurecen as sancións ante a disidencia ou por exercer a liberdade de expresión. Isto consideramos é boa mostra do sistema político no que nos atopomos e das intencións a hora de facer ou modificar lexislacións.

deixa tamén fora do domínio público aqueles terreos para acuicultura que sexan inundados artificialmente aínda que teñan capacidade para ser inundables naturalmente.é dicer , aqueles terreos baixos que se inundan de xeito natural pero nos que se construiron obras artificiais para reter e distribuir a auga. Isto supón vía libre a instalacións acuícolas en primeira liña de costa e en zonas de protección (totalmente previsible xa que anteriormente se recollía esta posibilidade no POL e tamén no PDRN galego). Estamos totalmente en desacordo con isto. Disposiciòn transitoria quinta.

Na disposiciòn transitoria vigèsimoquinta, contémplase a reducción de 100 metros a 20 metros a zona de Servidume de protección para o 75% da costa do Estado e afecta especialmente as nosas rías, o que abre a posibilidade de que os Concellos soliticten desenvolvementos urbanísticos nos últimos 80 metros da zona de Protección polo que poderá edificarse dacordo cos plans urbanísticos municipais e sen nengún control da lexislación de costas. Permite que , no prazo de dous anos desde a entrada en vigor da nova lei, poidan legalizar a aqueles núcleos ou áreas construidas ilegalmente que aínda que non estexan dentro da clasificación de solo urbano, reunisen algun dos requisitos como abastecemento de auga, acceso rodado, evacuación de augas residuais, etc. ou que estiveran comprendidos en áreas con edificación en alomenos 1/3 da súa superficie (criterio moi permisivo fronto aos 2/3 ou ½ que se viñan esixindo para que o solo poidese considerarse urbano). Solicitamos a anulación desta disposición enteira.

Na disposición adicional segunda, no que respecta as urbanización marítimo terrestres. Posto que segundo o noso criterio son normalmente construccións ilegais, solicitamos se lles aplique a lei sen ningún tipo de excepcións.

Na disposción adicional quinta prevé desafectar os terreos que quedan no interior dos paseos marítimos e a desafectación de calquer paseo marítimo construido sobre o DPMT en réximen de concesión. Na disposición adicional terceira da lei 2/2013 recolle que a liña exterior dos paseos marítimos construidos pola administración se entenderá a todos os efectos como liña interior da ribeira do mar, isto supón unha importante ameaza para aqueles núcleos urbanos e periurbanos que teñen construidos paseos marítimos sobre cordones dunares ou partes altas da propia praia. Solicitamos a anulación desta disposción e tamén da disposición adicional sexta.

Desde VERDEGAIA,

Con estas alegacións queremos, unha vez máis, amosar a nosa oposición á lei 2/2013 xa que desde o noso ponto de vista temos claro que esta norma nace coa única ideia de consolidar e legalizar os desmáns que ata o de agora se viñan producindo na costa, Abre a porta de extender esta desfeita urbanística o todo o litoral sementando máis caos e desprotección e abrindo a veda a especulación

Polo exposto anteriormente solicitamos,

Se teñan por presentadas estas alegaciòns. Se elimine este regulamento e se elimine tamén a lei que regula 2/2013 de 29 de maio."


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.