1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Obras-QuilmasGaliza - ADEGA - Tanto ten que o espazo estea considerado por Europa como de necesaria conservación, por acoller a hábitats sensíbeis, fráxiles ou raros, como é o caso do litoral de Carnota: Actividades como a piscicultura industrial, ao contrario que outros usos menos agresivos, semellan ter bula sobre esta privilexiada costa.


 

As obras que a empresa acuícola Stolt Sea Farm está a desenvolver en Quilmas (Carnota) deixan xa milleiros de toneladas de entullo deitadas nun litoral virxe en pleno LIC Carnota-Monte Pindo, con comunidades moi fraxiles agora soterradas baixo os cascallos.

Semella que a empresa está a construir unha nova captación de auga para o proceso industrial do rodaballo, que precisa dun túnel de máis de 300 m de longo e 2,5m de diámetro baixo o subsolo mariño do espazo protexido. E non hai millor sitio para deitar os residuos que sobre a mesma praia e fóra das instalacións, naturalmente.

Até o de agora, a administración rexeitou subministrar a ADEGA información sobre esta obra: Permisos, estudo de impacto, medidas correctoras..., e tivemos que solicitar o amparo do Valedor do Pobo.

Carballeiras atlánticas e fentos protexidos: Molestias que hai que eliminar

Os escasos redutos de bosque atlántico húmido que quedan en Galiza están a sofrer as consecuencias da imparábel expansión do eucalipto e das políticas forestais produtivistas.

Os pequenos parches que aínda resisten no país, quer a Carballeira de Santa Locaia (Mazaricos) esmorecen pouco a pouco. Malia a figurar na proposta de ampliación da RN2000 que presentara o bipartito (Novo LIC Devesa de Chacín), este valioso espazo, con carballos centenarios e fieitos protexidos, está a ser talado e roturado para deixar paso... ás plantacións de eucaliptus. O que queda do bosque de ribeira atlántico máis occidental de Europa, a Devesa de Anllares augas ariba do Ézaro no Xallas, semella ser unha "molestia" para o negocio hidroeléctrico.

Minicentrais: o pesadelo que non cesa...

Tres minicentrais que iniciaron a tramitación durante a era Fraga (Novo Castrelo, Ponte Olveira II e Fervenza II), camufladas despois como "repotenciamento" de instalacións xa esistentes, foron amnistiadas por Feijóo en 2012 estando xa caducas dende 2009.

Agora Villar Mir está a facer efectivo o seu dereito de pernada no Xallas comezando a "actualización" das turbinas da central de Ponte Olveira. Unhas obras que, na prática, supoñen a construción dunha nova central, con novas turbinas e tubaxes mentres a vella segue rendendo quilovatios "non stop".

As consecuencias: Cortas a feito do bosque de ribeira no Xallas nunha área que por escasos metros, quedou fóra da prometida ampliación da Rede Natura que o PP presentou en 2011 e agora esqueceu.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.