1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

marchaGaliza - APDR - Sr. Casal, na APDR vémonos na obriga de dar resposta ao seu artigo “Os datos non minten” publicado no Diario de Pontevedra do pasado 20 de febreiro, un artigo cheo de falsidades e co que pretende desprestixiar á nosa asociación.


Vaia por diante Sr. Casal que nin a min nin á APDR nos move ningún interese político e que tampouco traballamos ao servizo de ningunha organización política; sinceramente, di moi pouco ao seu favor que utilice argumentos tan falsos e puerís para tentar desautorizar a unha organización como a que hoxe presido, que goza dun prestixio e apoio social na comarca que xa lle gustaría ter á empresa que Vde. dirixe. Pero saiba Vde., Sr Casal, que esas falsidades non as cre ninguén que sexa medianamente obxectivo; que quen nos coñece sabe da nosa independencia e do noso traballo rigoroso a prol do saneamento e recuperación da Ría e, xa que logo, pola desaparición do complexo ENCE-ELNOSA do seu actual emprazamento.

Cando di Vde. que “maquillamos” os datos, semella non ter lido o artigo ao que fai referencia; de telo lido, teríase decatado de que nunca dixemos que ENCE teña 250 empregos directos como di Vde.; dixemos que ten 238 empregos na fábrica, e NON SON DATOS NOSOS, facemos referencia aos datos aportados polo comité de empresa que foron corroborados coa elección de 9 delegados o pasado dia 19. E falamos de tendencia á baixa, tendencia que se confirma hoxe coa noticia de novos despedimentos en próximas datas. Diciamos daquela –e mantemos hoxe- que se ENCE mente ao dar o dato dos empregos directos, como imos crer o dato dos 5.048 postos de traballo creados en toda Galiza, un dato moito más difícil de comprobar por calquera. E resulta evidente tamén para calquera, que ENCE non ten eliminado os fedorentos cheiros. E ámbolos feitos (destrución de emprego e cheiro) son irrefutábeis, por máis que Vde. se empeñe en dicir o contrario. E resulta curioso que pretenda xustificar a súa falsidade en datos dun informe da consultora KPMG, que se de algo adoece é de imparcialidade. E non o dicimos nós, é a propia consultora a que di que “os datos foron facilitados por ENCE” e que “a súa veracidade ou non é responsabilidade de ENCE”. Quen conta as “bondades” de ENCE, Sr. Casal, KPMG ou a propia ENCE? Sen comentarios!

E insiste Vde. en confundir á sociedade ao descualificar uns supostos datos da APDR sobre a contaminación de ENCE. Sr. Casal, ESES DATOS QUE VDE. DI QUE DIFUNDE A APDR SON OS MESMOS DATOS QUE ENCE ENVÍA Á XUNTA DE GALICIA, eses datos auditados por entidades públicas, auditoras e laboratorios acreditados. E eses datos, din claramente que no ano 2013 os vertidos de ENCE superaron en multitude de ocasións os valores legais establecidos na lexislación española e europea, moi especialmente no caso da Demanda Química de Osíxeno (DQO), parámetro que Vde. considera o máis importante na calidade dun efluínte líquido e para o que a lexislación fixa un límite de 125 mg/L; e o mesmo sucede –aínda que en menor medida- para Sólidos en Suspensión e Demanda Biolóxica de Osíxeno. En efecto, Sr. Casal, os datos non menten!

E poida que alguén se pregunte: se isto é certo, porqué o permite a Xunta? Pois está ben claro; existe unha enorme conivencia entre a Xunta e a empresa! aquí si que parece haber unha relación de servizo, Sr Casal; todo indica que existe unha administración ao servizo de ENCE; unha administración que confeccionou unha Autorización Ambiental á carta para a empresa pasteira de Lourizán e que pretende consolidar o complexo ENCE-ELNOSA mais aló do 2018.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.