1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

marcha apdrGaliza - APDR - Se algo caracteriza á fábrica de ENCE –amais do seu selo específico de empresa contaminante e destrutora da calidade de vida e a saúde, probado mesmo pola vía xudicial- é o seu desmedido afán por pregoar unhas supostas bondades sociais e ambientais das que carece.


Como se dos ollos do Guadiana se tratase, a súa propaganda mentireira aparece e desaparece na comarca en función do nivel de rexeitamento social cara á súa presenza na Ría e como medio de presión á cidadanía e á clase política no seu pulso pola permanencia en Lourizán máis aló do 2018. A vella cantarela da creación de postos de traballo e o seu respecto polo medio ambiente, máis ou menos cargada de bombo segundo as necesidades.

E, sabedores da situación económica que atravesa a comarca e da dificultade de desmentir datos escasamente contrastábeis, non dubidan en chantaxear á poboación ofrecendo cifras e informes económicos –as máis das veces financiados pola propia empresa e elaborados en base aos datos aportados por ela- para dar unha pátina de credibilidade á súa propaganda. É o caso do recentemente publicado nos medios e elaborado pola consultora KPMG. Esquecen, iso si, que se colle antes a un mentireiro que a un coxo.

En efecto, abonda con examinar os poucos datos que calquera de nós pode comprobar, para descualificar toda a súa estratexia. Falan de 329 empregos directos na fábrica (mesmo ás veces de 350) cando o propio comité de empresa recoñece que o número de traballadores/as é de 238 con tendencia á baixa. Se menten ao falar dos postos de traballo directos, quen pode crer o dos 5.048 postos de traballo xerados na Galiza? Porqué non 10.000 ou 15.000 como dixeron noutras ocasións? Cómo cuantifican os postos de traballo indirectos e inducidos? E din tamén que seguen traballando para ser os mellores do mundo en xestión ambiental; segundo eles, apenas cheiran e no 2014 non ían cheirar máis que 2 días. Abondou coa chegada dos ventos do sur para que en Pontevedra, día si e día tamén, levemos soportando o seu fedorento cheiro desde hai 2 meses. Por non falar da diminución dos fumes ou do pomposo proxecto para disimular as vergonzas da fábrica, un proxecto que –con seguridade- nunca será unha realidade. Pero, ademais, cos datos de vertido á Ría correspondentes ao ano 2013 na man, podemos afirmar que ENCE incumpre de forma sistemática a lexislación para Sólidos en Suspensión, Demanda Química de Osíxeno e Demanda Biolóxica de Osíxeno. Onde están as bondades de ENCE? O dito, dime do que presumes e direiche do que careces!

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.