1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

defendamos-a-praia-mvpbcGaliza - MVPBC - Ante o anuncio da posible ampliación do porto deportivo de Aguete, o Movemento Veciñal a Prol dos Bens Comúns quere manifestar o seguinte:


1). As costas, as praias e, en xeral, a paisaxe natural debe ser considerada como un ben común básico que, en calquera sociedade minimamente decente, debe ser obxecto de coidados para transmitilo nas mellores condicións ás xeracións vindeiras. Xa que logo, debe rexeitarse calquera medida que supoña privatización, mercantilización e/ou degradación dese ben común.

2). As costas son espazos naturais moi fráxiles. No suposto de que calquera intervención humana poida supoñer un aumento desa fraxilidade, como é o caso da posible desaparición da praia de Aguete como consecuencia da ampliación do porto deportivo, o lóxico e racional é absterse de facela. Máis aínda cando no noso concello temos un exemplo do que pode suceder coa chamada “política de feitos consumados”. Malia os avisos de certas persoas, nomeadamente veciñas e veciños dos Praceres, a respecto da ilegalidade e das consecuencias dos recheos do porto nesa zona, a obra seguiu adiante, atopándonos agora co intento de volvela irreversible cos argumentos dos postos de traballo ou do enorme custo que suporía desfacela, e iso malia a existencia dunha sentenza firme do Tribunal Supremo.

3). En consecuencia, o Movemento Veciñal a Prol dos Bens Comúns amósase en contra da ampliación do devandito porto deportivo de Aguete e manifesta o seu apoio a todas as persoas e grupos culturais ou doutro tipo que se están a mobilizar para deter o proxecto.

4). Por último, cómpre chamar a atención sobre as moi curiosas prioridades de gasto  público que manifestan os poderes políticos de turno. Dise que non hai recursos para custear servizos sociais básicos, como a dependencia, ou servizos públicos esenciais, como a sanidade ou o ensino, mais sempre aparecen para facer instalacións deportivas ou para subvencionar con varios millóns de euros a Autopista AP-9.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.