1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

roteiro corcoestoGaliza - PDCB - No sábado día 15 de Febreiro,  a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños e a Asociación “Monte da Estrela” de Arteixo, animan a participación da cidadanía nunha camiñada, que percorrerá o perímetro dos 770 hectares afectados pola proxectada actividade mineira.


Será unha rota circular que partirá ás 10.30 da mañá da Carballeira de Santa Mariña, cun percurso aproximado de 17 km. A realización da andaina permitirá apreciar  “in situ”, toda a desfeita e polución que provocaría esta actividade mineira, de extracción de ouro a ceo aberto. 

Os participantes poderán comprobar, onde queren facer os buracos xigantescos, para construiren unha planta de tratamento, que ocuparía unha superficie de 30000 m2. Neste lugar, realizaríase a lixiviación do ouro, empregando Cianuro.

Igualmente, camiñando por Aldemunde entre carballos e castañeiros, percorreremos a lago de lodos, que ocuparía unha superficie de 1800000 m2, onde se depositarían, 17 millóns de toneladas de residuos, dos cais 800.000 Tm, son subprodutos tóxicos  procedentes do proceso de lixiviación. Tamén poderemos ver, as proxectadas escombreiras, que acollerían 190 millóns de toneladas de entullos. Todo isto, para conseguiren 34 toneladas de ouro que irían para o Canadá,

 As fontes, árbores, valados, muíños, xunto co río Lourido, que veremos no decurso do camiño, desaparecerán para sempre, se se levar a cabo a actividade mineira.

A Xunta de Galiza non debe aprobar definitivamente  este proxecto (hoxe en día, a empresa continua a traballar nun novo proxecto, depois das manifestacións do Presidente da Xunta no pasado 15 de Outubro, non autorizando o proxecto inicial),  que  provocaría a destrución deste patrimonio natural, por unha actividade insustentábel e altamente poluente, que ocasionaría o desparecemento da forma de vida dos habitantes, da terra e do río Anllóns. Todo isto, cun brutal impacto socioeconómico na comarca de Bergantiños.

Da Asociación Cultural “Monte da Estrela” de Arteixo e a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, animamos a participación nesta camiñada, como un acto máis de denuncia, á pretendida instalación da mina.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.