1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

salvemos-aguete1Galiza - CNM - O Colectivo Nacionalista quere amosar a súa rotunda oposición a unha nova ampliación do porto deportivo de Aguete por entendermos que vai ser prexudicial para a praia e o contorno natural da zona tal e como recoñecen todos os estudos técnicos realizados até hoxe.


Desde o ano 2002, as veciñas e veciños de Marín levamos escoitando as continuas propostas de ampliación do espigón por parte da Xunta. Xa daquela as persoas que hoxe formamos parte do Colectivo Nacionalista opuxémonos a esta obra que só pretendía, e segue a pretender, beneficiar unhas poucas persoas con intereses económicos no Club de Mar de Aguete.

Ninguén cun mínimo de sentido común pode negar a día de hoxe que desde a construción do porto deportivo a fisonomía da praia de Aguete mudou de xeito evidente. Modificáronse as correntes e comezou a basculación da area nun proceso que era previsíbel, o que fixo inviábel a propia función para a que se fixo o espigón.

Un informe da Xunta recoñecía no ano 2002 que as obras de construción do porto de Aguete supuxeran o desprazamento de entre 4.000 e 5.000 metros cúbicos de area ao ano, durante os dez primeiros anos. Tamén sinalaba que as repercusións de calquera ampliación serían severas e que a reversibilidade dos efectos negativos sobre a praia sería escasa de se manter as condicións hidrodinámicas causadas polo dique. As obras de ampliación do porto provocarían taxas de erosión moi elevadas no leste do areal, e en cinco anos a praia seca podería desaparecer do sector máis oriental.

Nese mesmo ano a organización Greenpeace incluía no seu informe anual “Destrución a toda Costa” a praia de Aguete como un dos once areais máis ameazados da provincia de Pontevedra, apuntando que o proxecto de prolongación do dique no porto de Aguete provocaría a desaparición da praia no seu extremo este e no centro.

No ano 2005 un novo informe técnico subscrito por Portos de Galiza, o Servizo Provincial de Costas, a Consellaría de Medio Ambiente e a Autoridade Portuaria, ratificaba as conclusións dos anteriores e desaconsellaba a ampliación do espigón.

Facendo ouvidos xordos a todos estes informes, agora -unha vez máis- as e os de sempre volven á carga e queren vendernos un novo proxecto cociñado entre a Xunta, o goberno municipal e o Club de Mar, elaborado con nocturnidade e sen lle dar publicidade e participación á cidadanía. Un proxecto que, segundo recoñecen os propios servizos técnicos de Portos de Galiza, non vai solucionar os problemas da praia de Aguete e que, pola contra, tal como se puña de manifesto en informes como o de 2002, vai incrementalos.

Para o Colectivo Nacionalista resulta difícil de entender que se pretenda investir entre 8 e 9 millóns de euros nunha obra que terá como resultado a destrución da praia de Aguete. É máis difícil de entender aínda se temos en conta que o Partido Popular, “grande defensor da solvencia económica e bo emprego dos cartos públicos”, practica unha política de recortes salvaxes na sanidade, no ensino, servizos sociais e servizos públicos en xeral. É para iso polo que nos piden as e os traballadores que nos apertemos o cinto? Unha vez máis o PP deixa ver a que intereses serve.

Tratan de nos vender o porto deportivo de Aguete como un dos piares fundamentais nos que basear un futuro desenvolvemento turístico da nosa vila, obviando precisamente que son os nosos areais e o seu contorno o principal atractivo turístico que ten Marín.

Por outra banda, a crise está a afectar tamén as persoas propietarias de embarcacións recreativas, o que provocou nos últimos anos unha caída da demanda de amarres e incluso o abandono de embarcacións en todo o Estado, polo que a creación de postos de emprego, sempre mínima nos portos deportivos, podería ser ridícula en comparación coa inversión necesaria para a ampliación do dique.

Non hai, pois, ningunha razón económica, laboral ou turística, máis alá de beneficiar os intereses dun club privado, que xustifique esta ampliación e non se pode comparar cos evidentes prexuízos que ocasionarían na praia e na súa potencialidade turística, económica e laboral da zona.

Desde o Colectivo Nacionalista non podemos máis que cualificar como inaceptábeis e lamentábeis os intentos de manipulación do acorrido na xuntanza á que acudiu con técnicos de Portos de Galiza e asociacións da zona. María Ramallo, ao servizo dos intereses privados do Club de Mar, tenta convencer a veciñanza a través dos medios de comunicación dicindo que existe un consenso con respecto ao proxecto de ampliación do porto, cando este consenso non é real.

Pero o que nos resulta máis alarmante é a pretensión por parte dos promotores desta obra de se saltar a legalidade e pretender que “se hai consenso” non fai falla un estudo de impacto ambiental, e polo tanto a exposición pública do mesmo.

Non é admisíbel que a máxima representante municipal e a persoa que ten que velar polos intereses do pobo de Marín, a que tiña que defender a praia e o seu contorno da desfeita que está padecendo, manipule e sexa cómplice xunto con Portos de Galiza dunha actuación que vai prexudicar unha das áreas naturais máis importantes do concello.

Do mesmo xeito, esiximos que se é quen de lograr das administracións os 8 ou 9 millóns de euros precisos para levar adiante a ampliación do porto, que poña o mesmo interese en acadar os investimentos precisos para recuperarmos o servizo de ambulancia as 24 horas e  termos un centro de saúde digno para a veciñanza de Marín, un auditorio ou un plan de emprego que realmente palíe as nefastas consecuencias da crise, entre outras cuestións máis precisas e urxentes para as e os veciños de Marín.

Marín, 10 de febreiro de 2014.

Mariola González Fernández

Colectivo Nacionalista de Marín


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.