1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

panadeiraGaliza - APDR - Diante da reanudación das obras dos pantaláns no porto deportivo do Náutico de Sanxenxo, unha obra que foi rexeitada tanto pola cidadanía coma polas autoridades municipais polos seus efectos negativos sobre as praias de O Barco e Panadeira e que foi denunciada nos tribunais de xustiza pola Plataforma SOS Panadeira, a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) quere facer pública a súa posición ao respecto:


1.- Descoñecemos que razón pode levar a Portos de Galiza a prorrogar unha licenza de obra que, de acordo coa información recollida nos distintos medios de comunicación, tiña caducado o 31 de decembro pasado e que conta coa oposición da cidadanía e do propio Concello de Sanxenxo. En efecto, non se pode entender que desde Portos de Galicia se estea a primar o interese particular fronte ao interese xeral, socialmente máis xusto.

2.- A realización da citada obra vai repercutir negativamente no medio ambiente natural da zona, moi especialmente nas praias de O Barco e Panadeira, e na calidade de vida dos veciños e veciñas da zona que non só verán empeorar a calidade das augas polo previsíbel aumento de vertidos, senón que terán que sufrir unha nova ocupación dun espazo público, que lles pertence, para a satisfacción do interese duns poucos.

3.- Unha vez máis, como ocorre noutras zonas da Ría, a administración defende a destrución do medio ambiente e a calidade de vida da cidadanía en beneficio dunha capa social coa que, as máis das veces, comparte intereses particulares. O caso do complexo ENCE-ELNOSA, sen lugar a dúbidas o foco de contaminación máis importante da nosa Ría, é paradigmático neste sentido.

4.- Así as cousas, desde a APDR queremos expresar máis unha vez o noso absoluto apoio á "Plataforma SOS PANADEIRA" nas súas xustas reivindicacións de salvagarda do medio ambiente e do interese xeral, centradas hoxe na oposición á construción de novos pantaláns no porto. Ao tempo, esiximos a paralización cautelar das obras en tanto non haxa unha decisión xudicial ao respecto.

5.- Xa por último, facemos un chamamento á poboación da comarca para asistir o próximo sábado día 25 ás 12 horas á Concentración convocada por SOS PANADEIRA; na APDR estamos convencidos/as de que só coa mobilización da cidadanía seremos quen de conseguir recuperar a Ría para o que ten que ser a súa vocación natural: o traballo do mar, o lecer e o disfrute do conxunto da cidadanía.

Pontevedra 22 de xaneiro de 2014

 

Foto: Pontevedra Viva


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.