1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

verdegaiaGaliza - Verdegaia - Verdegaia outorgou este ano o seu premio semente á mellor actuación ambiental do ano á rede ContraMINAcción pola súa labor reivindicativa contra a minaría contaminante en Galiza, e o premio cemento ao Alcade de Cabana de Bergantiños -José Muíño Domínguez- en nome e representación da empresa e accionistas de Edgwater, empresa canadense promotora da mina a ceo aberto de Corcoesto.


Estes premios son propostos e elixidos anualmente entre as consideradas pola base asociativa de Verdegaia como peores actuacións ambientais do ano para o premio cemento, e as mellores actuacións para o premio semente. As propostas de este ano optaron claramente por defender a terra das agresións mineiras.

ContraMINAcción levou o premio semente "polo seu traballo diario tan importante para conservar o territorio e que non sexa vendido a certas empresas o que é de todos". Compre destacar, que ademais de ContraMINAción foi proposta ao premio semente a ASC O Iribio pola súa loita diaria contra a canteira do penedo de Triacastela. Esta asociación, como finalista aos premios e parte integrante da rede ContraMINAcción recollerá o premio semente no seu nome.

O premio Cemento foi outorgado ao Alcade de Cabana de Bergantiños polo seu claro rumbo a favor do proxecto da mina de Corcoesto e da empresa promotora da mesma sen facer valer os intereses da veciñanza. Entre as súas actucións negativas compre destacar a recollida de currículos de persoas desempregadas no concello que quixesen traballar en Edgwater cando o seu proxecto aínda non está aprobado, e as dificultades que puxo ás veciñas e veciños para informarse sobre o proxecto. A destacar, que a día de hoxe, non ten facilitado un espazo público (a pesar das reiteradas solicitudes) para que especialistas e persoas expertas informasen sobre o proxecto mineiro, mentres que lle deu todo tipo de facilidades á empresa, mesmo saltando a legalidade ao permitirlles traballar sen licencia municipal ata que foron denunciados pola veciñanza. Verdegaia quere que o premio vaia na súa persoa tamén cara aos investidores e investidoras nas empresas mineiras como Edgwater de alto risco financeiro, que por ter ocioso o seu diñeiro, o poñen nestas ruletas rusas perversas da minaría contaminante sen importarlles as desfeitas que puidesen deixan atrás.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.