1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

120913 lume pindoGaliza - QPNC - Última hora (17:00): A Xunta xa sinala que son 1.600 hectáreas calcinadas no lume de Carnota.


 

  • Última hora (actualizada 15:30): Unha veciña nos informa que a cousa está máis calma, que “xa se pode respirar e os veciños desaloxados xa puideron volver ás súas casas”. Mentres, os helicópteros seguen intentando extinguir un lume que non quedou ben apagado.
  • Última hora (actualizada ás 13:30h): A Xunta afirma que manteñen as 1.000 hectáres calcinadas, cifra que xa dera ás 9:30h. Metres permanece declarado o Nivel 1, como medida preventiva, no incendio rexistrado no concello de Carnota, parroquia homónima. O lugar do Pindo o máis afectado neste mediodía de xoves, pero parece que a cousa se calma.
  • Tras unha triste noite de intenso traballo aínda conitnúa activo ás 8:00h da mañá o incendio de Carnota. De feito, a estrada AC-552 que une Cee e Muros segue cortada á altura do Viso, San Mamede e Caldebarcos, varias casas tiveron que ser desaloxadas en lugares como San Cibrán, Cornido, Vadebois, Caldebarcos, Panchés, A Curra ou Quilmas, concretándose o nivel de alerta 1. Ademais, o lume levou ao seu paso boa parte co Monte Pindo recordando as terribles estampas daquel agosto do 2005
    Mentres os veciños loitan por manter as súas casas a salvo do lume, pero non teñen nin liña de teléfono nin internet.

    O lume nacía en Arcos, Mazaricos, arredor das 21:30h do mércores, baixaba case que a o mar espoleado polo vento e comezaba a desprazarse dirección norte ameanzando os lugares mencionados, ata O Pindo e case que o Ézaro. Á primeira hora da mañá @incendios85 actualizada a cantidade de área arrasada, que xa superaba as 1.000 hectáreas (cada unha equivale a unha superficie dun campo de fútbol), chegando mesmo ás zonas da praia de Boca do Río.

    O caso é que pola noite non poden traballar os medios aéreos polo que só puideron traballar na extinción 1 técnico, 12 axentes, 17 brigadas, 9 motobombas e varios efectivos da UME e mesmo do exército, ademais de numerosos veciños que tiveron que loitar por evitar que as súas casas fosen pasto das lapas. A primeira hora da mañá xa se incorporaron ao traballo 4 hidroavións que recollen auga na ría de Corcubión para intentar extinguir o incendio.

    aquí vos deixamos cun completo vídeo de Rubén Santamaría e varias imaxes:

     


    Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

    Microdoaçom de 3 euro:

    Doaçom de valor livre:

    Última hora

    Publicidade
    Publicidade
    first
      
    last
     
     
    start
    stop

    Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

    Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

    Desenhado por Eledian Technology

    Aviso

    Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

    Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

    Clique em uma das opções abaixo.