1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

030913 bunkering.redimensionadoGaliza - Verdegaia - ADEGA, Verdegaia e a SGHN fican sorprendidas ante a incongruencia do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co "Bunkering".


As tres organizacións ecoloxistas non son capaces de entender como o ministerio que dirixe Miguel Arias Cañete aumenta a vixilancia sobre esta actividade na bahía de Alxeciras mentres que autoriza a posta en marcha dun sistema semellante na ría de Ferrol.

As recentes declaración do ministro Arias Cañete, anunciando o endurecemento das sancións sobre o bunkering na bahía de Alxeciras, parecen non atender a unha cuestión puramente medioambiental, xa que este mesmo ministerio consinte a posta en marcha desa mesma actividade económica na ría de Ferrol.

Dende o punto de vista das organizacións ecoloxistas máis importantes de Galiza, unha actividade industrial como o bunkering, debería estar vixiada e sometida a unha rigorosa regulación. Xa que como en todos os transvases de mercadorías, existe risco de que estas mercadorías sexan vertidas ao mar. Aínda máis, cando se trata de mercadorías perigosas como o fuel, cuxo negativo impacto sobre o medio mariño está sobradamente documentando.

As tres organizacións ecoloxistas coinciden en afirmar que non é tolerable que esta actividade se realizase na ría de Ares, posto que é a mellor conservada das rías do golfo ártabro. A ría de Ares aínda que incomprensiblemente non ten ningunha figura de protección medioambiental mantén certos valores naturais, e existe nela unha gran actividade marisqueira.

Estas organizacións ecoloxistas queren tamén recordar que na ría de Ferrol viven dúas especies incluídas dentro do catálogo galego de especies ameazadas, o ourizo Echinus esculentus e a gorgonia Eunicella verrucosa, razón pola cal, parte desta ría está incluída na Rede Natura 2000.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.