1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

Foto - ADREPGaliza - ADREP - No sábado, o colectivo cidadán "Acción Directa de Recuperación de Espazos Públicos", realizou unha limpeza nun dos hangares das antigas baterías defensivas de Cabo Prior.


A elección desta acción vén para poñer de manifesto o estado de desleixo de todas as fortificacións defensivas do século XX, existentes en Ferrol, convertidas en "puntos limpos" onde moitos particulares e mesmo empresas, desfanse de todo tipo de entullos, electrodomésticos, e calquera clase de refugallo.

Pero sobre todo queriamos denunciar a falta de sensibilidade do actual goberno municipal, que pretende "regalar" 500.000 euros ao Ministerio de Defensa, para a adquisición destes vertedoiros, un malgasto incomprensible coa crise actual, e falto de sensibilidade social.

"Co apoio do PSOE"

Segundo deixou entrever o edil socialista Jaime Pena, seguramente o PSOE votará a favor desa adquisición. Unha incongruencia absoluta, pois este partido se manifestaba hai uns meses en contra doutro tipo de malgastos millonarios previstos, como é o caso dos 812.000 euros para a Praza de España.

O BNG e IU xa se posicionaron en contra de pagar nin un euro a Defensa por eses terreos.

Deixámoslle todo o lixo recollido amontoado no exterior, á vista da xente, esperando que agora teñan a decencia de retirala.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.