1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

020813 minanomGaliza - Plataforma pola Defesa de Corcoesto - A Xunta de Galiza abre expediente sancionador á empresa mineira de Corcoesto por realizar sondaxes de exploración e xeotécnicos sen autorización nas cuadrículas mineiras Julia 2 e Julia 3


A Xunta de Galiza vén de dar a razón á Plataforma pola Defensa de Corcoesto e ás asociacións de veciños de Corcoesto, Cereo e Valenza, que denunciaron que a empresa Mineira de Corcoesto, estaba realizando de xeito ilegal sondaxes de exploración mineira e xeotécnicos nas cuadrículas mineiras que configuran o permiso de investigación Julia 2 e Julia 3, que se atopan en tramitación na actualidade e que afectan principalmente ao Concello de Coristanco.

Tal e como denunciara a Plataforma, a empresa mineira non dispoñía de autorización administrativa para a realización destes traballos, que se desenvolveron sen ningún tipo de control medioambiental na zona de dominio público hidráulico e de policía do río Lourido. Ademais do anterior, a empresa tampouco dispoñía de autorización de Augas de Galiza para captar auga do citado río para o funcionamento da maquinaria usada nestes traballos.

Estes feitos vén de corroboralos agora a Xunta de Galiza, que a través de Augas de Galiza e da Consellería de Medio Ambiente, recoñece que a empresa mineira estaba realizando sondaxes fora da legalidade. Por esta razón, comunicou aos veciños afectados o inicio dun expediente sancionador contra a empresa “Mineira de Corcoesto, S.L.”, motivado pola denuncia presentada por estes por realizar obras de sondaxes e calicatas na zona de policía do río Lourido, carecendo de autorización.

Esta forma de actuar, pon de manifesto, unha vez máis, a falta de ética e de compromiso da empresa canadense Edgewater e a súa filial Mineira de Corcoesto, coa normativa española en xeral e coa medioambiental en particular, e desminte o comunicado feito pola empresa no que “negaba as acusacións e aseguraba que tiña todos os permisos en regra”.

Neste sentido, a Plataforma recorda que non é a primeira vez que esta empresa incumpre as normas legais, xa que desde o ano 2001, e ata xaneiro de 2013, exerceu a súa actividade nunha nave agrícola de Corcoesto sen licenza municipal, contaminando as praderías situadas ao seu carón, con residuos derivados do procesado do material extraído nas exploracións realizadas nos montes da parroquia. Foi a raíz dunha denuncia, tamén presentada polos veciños, como a empresa tivo que pechar este centro de traballo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.