1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Foto - O Fervedoiro - Imagem da reuniomGaliza - O Fervedoiro - A Asociación O Fervedoiro, e algún membro da recentemente creada Plataforma de Veciñas/os que buscan a recuperación dos bens públicos vinculados ás augas termais, puideron estabelecer diversos contactos e reunións con varios políticos europeos para lles trasladar un documento onde se explica a situación na que se atopa o concello de Cuntis no que afecta ás súas burgas. O documento, brevemente introducido en neerlandés, e totalmente bilingüe (en galego e francés) fai unha sucinta explicación de motivos que nos levan a dirixirnos a eles particularmente e, en xeneral, á organización EFA-ALE. Na actualidade The Greens-European Free Alliance (Os Verdes-Alianza Libre Europea) é o cuarto grupo político do Parlamento Europeo e conta con 58 deputadas/os. Aínda que a reunión estaba acordada con Günther Dauwen, director xerente da organización, tamén estiveron presentes varios membros máis: Eva Bidania Ibargutxi, Nelly Maes e Pierre Fourel.


* Nelly Maes: Ex Presidenta de EFA-ALE, clara defensora das linguas minorizadas de Europa, da liberación da muller e do medio ambiente; ex membro da Cámara de Representantes do Pobo Belga, ex Senadora Belga, ex membro do Parlamento Flamengo,... Así mesmo é membro honorario de EFA-ALE e presidenta do Instituto pola Paz de Flandres.

* Eva Bidania: ex deputada do Parlamento Provincial de Araba (2003), ex coordinadora de EFAY (sección xuvenil da EFA-ALE), membro de Solidariedade Vasca (Eusko Alkartasuna) e asesora política de EFA-ALE.

* Günther Dauwen: Director Xerente da EFA-ALE e Asesor Político da mesma organización.

* Pierre Fourel: Representante das Relacións Internacionais da Unión Democrática Bretoa (Unvaniezh Demokratel Breizh / L'Union Démocratique Bretonne) e Secretario da Federación de Rexións e Pobos Solidarios (Fédération des régions et peuples solidaires).

A reunión do máis cordial e afábel, que remata case a media noite –logo de tres horas– contemplámola evidentemente con moi bos ollos, xa que os citados membros da EFA-ALE foron moi receptivos e puxéronse á nosa total disposición, no caso de que precisásemos facer algún tipo de pregunta, queixa ou moción perante o Parlamento Europeo e por motivo das augas termais cuntienses. Nesa reunión tamén se acordou continuarmos coa comunicación e facilitar toda a información posíbel sobre o asunto. Incluso existe a posibilidade de termos outra reunión para comezos do ano vindeiro.

Á marxe disto, para este mércores 31 de xullo está prevista unha reunión de veciñas/os da xa recentemente constituída plataforma. Tal acto, aberto a toda/o intesado, celebrarase na Casa da Cultura ás 21:30 horas e, presumibelmente, cóidase que estarán varios representantes dos grupos políticos cuntienses –iso si, en calidade de veciñas/os.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.